María del Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada o 7 de febreiro de 1948, é unha historiadora galega.

Traxectoria Doutorouse en Historia. É catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

Obras El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social, 1971 (con Ermelindo Portela Silva). El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval, 1979. Galicia na época medieval, 1991 (con Ermelindo Portela Silva). A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), 1993. De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder, 1993 (con Ermelindo Portela Silva). Ilduara, una aristócrata del siglo X, 1998. La reina Urraca, 2006, (con Ermelindo Portela Silva). Colectiva: A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007. Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, 2011.

Vida persoal Casou co tamén historiador Ermelindo Portela Silva.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes