Bruce Leslie McLaren, nado en Auckland o 30 de agosto de 1937 e finado en Inglaterra o 2 de xuño de 1970, foi un deseñador de coches de carreiras, piloto, enxeñeiro e inventor neozelandés.
O seu nome pervive no equipo McLaren que é un dos máis exitosos na historia do campionato da Fórmula Un, cos pilotos e coches de McLaren gañando doun total de 20 campionatos do mundo. Os coches de McLaren dominaron por completo a CanAm con 56 vitorias, un número considerable deles con el ao volante, entre 1967 e 1972 (e cinco campionatos de construtores), e gañou tres carreiras das 500 Millas de Indianápolis, así como as 24 Horas de Le Mans e as 12 Horas de Sebring.
Traxectoria McLaren asistiu a Escola Primaria de Meadowbank. Como neno de nove anos, contraeu a síndrome de Legg-Calvé-Perthes, ou Necrose Avascular da Cabeza do Fémur na cadeira que deixou a súa perna esquerda máis curta que a dereita, que lle deixou unha leve coxeira.
Os seus pais, Les e Ruth McLaren, eran donos dunha estación de servizo e un taller en Upland Road, Remuera, Auckland. Bruce pasou todas as súas horas libres dando voltas no taller.
Les McLaren restaurou un vello Austin 7 Ulster, de 14 anos de idade, Bruce o utilizou en 1952, cando participou na súa primeira competición, unha subida. Dous anos máis tarde participou na súa primeira carreira de verdade e mostrouse como unha promesa. El cambiou o Austin por Ford 10 especial e un Austin-Healey, e logo un F2 Cooper-Climax deportivo. Inmediatamente comezou a modificalo e melloralo, a tal punto que foi subcampión na serie 1957-8 no campionato de Nova Zelandia.
Andaina como piloto A súa actuación no Gran Premio de Nova Zelandia en 1958 foi sinalada polo gran piloto australiano Jack Brabham (que máis tarde invitaría a McLaren a pilotar para el). Debido ao seu evidente potencial a organización do New Zealand International Grand Prix elixiuno como seu "piloto en Europa" plan deseñado para dar a un piloto neozelandés prometedor todo un ano de experiencia cos mellores do mundo. McLaren foi o primeiro gañador, que sería seguido por outros máis adiante, incluíndo a Denny Hulme.
McLaren foi a Cooper e quedou sete anos. Competiu en F2 e inscribiuse no Gran Premio de Alemaña en Nürburgring no que os coches de F1 e F2 competiron xuntos. Asombrou ao mundo do motor ao quedar primeiro na F2 e quinto na xeral, cos mellores pilotos do mundo.
McLaren uniuse á fábrica do equipo Cooper de F1 xunto con Jack Brabham en 1959 e gañou o Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 á idade de 22 anos e 80 días, converténdose no gañador máis novo do GP ata ese momento. Seguiu cunha vitoria no Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de , e acabaría subcampión da tempada que gañou Brabham.
McLaren gañou o Gran Premio de Mónaco de 1962, terminando terceiro no campionato dese ano. Ao ano seguinte fundou Bruce McLaren Motor Racing Ltd, que permanece no campionato de Fórmula Un simplemente como equipo McLaren. McLaren seguiu a correr e gañar en Cooper (incluíndo o Gran Premio de Nova Zelandia de 1964).
McLaren deixou Cooper ao final de 1965, e anunciou o seu propio equipo de carreiras de GP, co co-piloto e compañeiro neozelandés Chris Amon. Amon deixouno en 1967 para pilotar para Ferrari. En , McLaren estivo acompañado por outro colega neozelandés Denny Hulme, quen se converteu en campión do mundo en con Brabham. McLaren acadou o seu cuarto triunfo da súa carreira correndo co seu propio monopraza McLaren en Spa en , logrando o equipo a primeira vitoria nun Gran Premio. Hulme gañou dúas veces co McLaren-Ford. O campionato de tamén foi un éxito, con McLaren terminando terceiro na clasificación a pesar de non lograr ningunha vitoria. En homenaxe á súa terra natal, os coches de McLaren presentaron o logotipo "speedy Kiwi".
Can-Am Series Foi nas carreiras de autos deportivos de velocidade onde se demostrou o estilo de deseño de McLaren, e demostrou o enxeño de forma gráfica. Cando o Can-Am comezou a ser moi popular entre os afeccionados do Canadá e dos Estados Unidos de América, os novos coches de McLaren terminaron segundos en dúas ocasións, e o terceiros noutras dúas ocasións, en seis carreiras.
En 1967 gañaron cinco de seis carreiras e en 1968, catro de seis. Os McLaren ao ano seguinte resultaron inmellorables, gañando 11 de 11 carreiras. En dúas carreiras, terminaron 1º-2º-3º. (McLaren, Hulme e Mark Donohue).
En 1966 el e o seu copiloto Chris Amon gañaron a prestixiosa carreira das 24 Horas de Le Mans nun Ford GT40.
Carreira como construtor Bruce era un piloto competitivo, pero de moitos aspectos o seu legado, o McLaren Racing Team, é un testemuño das súas habilidades como, analista, enxeñeiro e director que contribuíron moito ao éxito dos coches que levaban o seu nome. Cando Bruce estaba probando os primeiros coches deportivos de McLaren, ao saír dos pits decatouse de que o tapón do deposito de combustible estaba axitándose cara a arriba e cara a abaixo mentres conducía. O pensamento aerodinámico do momento era que debería ser premido máis firmemente no seu lugar cando a velocidade do coche aumentaba. No seu lugar, rebotaba máis vigorosamente cando aumenta a velocidade. Ao instante a súa frustración polo descoido cambiou e tivo unha visión. Ao deterse nos pits saltou do coche, correu cara a unha caixa de ferramentas mecánicas, agarrou un par de tesoiras e empezou a cortar a carrocería detrás do radiador. Subiu de novo no coche e de inmediato comezou a facer tempos de volta máis rápidos que antes.
Máis tarde, explicou, Eu fun o primeiro enfadado porque o tapón de enchido non fora ben pechadoa, pero logo empecei a preguntarme por que non estaba sendo premido polo fluxo de aire. A única resposta foi que tiña que haber unha fonte de presión de aire maior baixo del que sobre o mesmo. A partir dese período chegaron os "narices" que foron unha característica clave do deseño de McLaren, incluso no McLaren F1 de estrada, desde ese día.
Bruce McLaren, sinalou que os coches do seu equipo eran lixeiramente menos innovadores que os Coches Chaparral do piloto rival/deseñador Jim Hall, pero a súa fiabilidade foi recompensado con vitorias nas carreiras e no campionato. Moito tempo logo da súa morte esta cultura impúxose e cando Ron Dennis comprou o equipo viuse reforzada polas leccións aprendidas na súa carreira como mecánico de carreiras.
Morte Bruce McLaren morreu aos 32 anos, cando o seu coche de Can-Am se estrelou na recta Lavant xusto antes da curva Woodcote no Circuíto de Goodwood, en Inglaterra, o 2 de xuño de 1970. Estaba pondo a proba o seu novo M8D cando a carrocería fallou a gran velocidade. A perda de carga aerodinámica desestabilizou o coche, que trompeou, saíu da pista e chocou contra un búnker.
Eoin Young sinalou que Bruce McLaren escribira virtualmente o seu propio epitafio no seu libro de 1964 From the Cockpit. Ao referirse á morte do seu compañeiro de equipo Timmy Mayer, McLaren escribira:
"Por facer algo así é polo que vale a pena morrer no intento de facelo mellor pero non se pode ser temerario. Sería perder o tempo non facer nada coas habilidades dun, pois sinto que a vida se mide no rendemento, non soamente en anos."
Legado Bruce McLaren Intermediate Escola en West Auckland foi nomeada así logo da súa morte. Orixinalmente ía ser chamado Henderson Sur Intermediate. No ano 2000 Motorsport Nova Zelandia e o Trust Prodrive crearon a "Bolsa Bruce McLaren" para axudar aos pilotos novos que destaquen en Nova Zelandia. Incluído no New Zealand Sports Hall of Fame en 1990. Incluído no International Motorsports Hall of Fame en 1991. Incluído no Motorsports Hall of Fame of America en 1995. O Bruce McLaren Trust, con sede en Auckland, Nova Zelandia, perpetúa a súa memoria e mantén un pequeno museo no piso onde Bruce creceu (encima dunha gasolineira en Remuera) O 20 de xaneiro de 2007, na rolda de Nova Zelandia da A1 Grand Prix series, anunciouse que vaise rodar unha película sobre Bruce McLaren. O equipo Universidade de Auckland Fórmula SAE, utiliza o número 47 de darreiras de Bruce como o seu número de coche na memoria de Bruce.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 WDC Pts. Cooper Car Company Cooper T45 F2 Climax Straight-4 ARX MON NED 500 BEL FRA RU ALE5* POR ITA MAR12 NC 0* Cooper Car Company Cooper T45 F2 Climax Straight-4 MON5 500 NED 6º 16´5 Cooper T51 FRA5 RU3 ALERet PORRet ITARet USA1 Cooper Car Company Cooper T51 Climax 4 en liña ARX1 2º 34 (37) Cooper T53 MON2 500 NEDRet BEL2 FRA3 RU4 POR2 ITA USA3 Cooper Car Company Cooper T55 Climax V8 MON6 NED12 BELRet FRA5 RU8 ALE6 ITA3 USA4 8º 11 Cooper Car Company Cooper T60 Climax V8 NEDRet MON1 BELRet FRA4 RU3 ALE5 ITA3 USA3 RSA2 3º 27 (32) Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MON3 BEL2 NEDRet FRA12 RURet ALERet ITA3 USA11 MEXRet RSA4 6º 17 Cooper Car Company Cooper T66 Climax V8 MONRet 7º 13 Cooper T73 NED7 BEL2 FRA6 RURet ALERet AUTRet ITA2 USARet MEX7 Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 RSA5 9º 10 Cooper T77 MON5 BEL3 FRARet RU10 NEDRet ALERet ITA5 USARet MEXRet Bruce McLaren Motor Racing McLaren M2B Ford V8 MONRet USA5 MEXRet 16º 3 Serenissima V8 BELDNS FRA RU6 NEDDNS ALE ITA Bruce McLaren Motor Racing McLaren M4B BRM V8 RSA MON4 NEDRet BEL 14º 3 Anglo American Racers Eagle T1G Weslake V12 FRARet RURet ALERet Bruce McLaren Motor Racing McLaren M5A BRM V12 CAN7 ITARet USARet MEXRet Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7A Cosworth V8 RSA ESPRet MONRet BEL1 NEDRet FRA8 RU7 ALE13 ITARet CAN2 USA6 MEX2 5º 22 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7A Cosworth V8 RSA5 3º 26 McLaren M7C ESP2 MON5 NEDRet FRA4 RU3 ALE3 ITA4 CAN5 USANTS MEXDNS Bruce McLaren Motor Racing McLaren M14A Cosworth V8 RSARet ESP2 MONRet BEL NED FRA RU ALE AUT ITA CAN USA MEX 14º 6 * McLaren non puido puntuar no Gran Premio de Alemaña de 1958 porque pilotaba un coche de Fórmula 2.
Resultados nas carreiras Non de campionato (Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 1961 LOM GLV PAU BRX2 VIE AIN2 SYRWD NAP LON SILRet SOL4 KAN DAN MOD FLG OUL3 LEW VAL RAN NAT RSA 1962 CAP BRX LOM LAV1 GLV2 PAU AIN2 INT5 NAP MAL CLP3 RMS1 SOL KAN MED DAN OULRet MEXRet RAN NAT 1963 LOM4 GLV2 PAU IMO SYR AIN5 INT2 ROM SOL KAN MED AUT OUL6 RAN 1964 DMT3 NWTRet SYR AINRet INT15 SOL MED RAN 1965 ROC5 SYR SMT4 INT6 MED RAN 1967 ROCRet SPR5 INT5 SYR OUL ESP 1968 ROC1 INT2 OUL 1969 ROCRet INT6 MAD OUL 1970 ROCRet INT4 OUL
Notas
Véxase tamén Bibliografía From the Cockpit de Bruce McLaren Bruce McLaren: Racing Car Constructor de George Begg McLaren - The Man, Cars & Team de Eoin Young Eoin Young's McLaren Book The Last Season - The Life of Bruce McLaren de Jeanne Beeching The Golden Era of New Zealand Motor Racing de Graham Vercoe
Unha lista de volumes adicionais pódese ver en https://web.archive.org/web/20120407121424/http://www.bruce-mclaren.com/about-bruce-mclaren/historical-books.html.
Ligazóns externas Bruce McLaren Fotos Páxina oficial de Bruce McLaren Trust New Zealand Sports Hall of Fame
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Nova Zelandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Anglo American Racers Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados en Auckland Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1