Rosa Liaño Pedreira, nada na Coruña, é unha bióloga e personalidade pública galega, muller do presidente da Xunta Fernando González Laxe.

Traxectoria Filla de José Manuel Liaño Flores, quen fora alcalde da Coruña, licenciouse en bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Aprobou unhas oposicións ao pouco de crearse a Xunta de Galicia, e traballou como inspectora de pesca dende 1987 ata a actualidade na consellería do Mar.

Casada con Fernando González Laxe, entre 2005 e 2009 foi delegada da consellería do Mar na provincia da Coruña por designación de Carmen Gallego.

Vida persoal Ten dous fillos.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Parellas do presidente da Xunta de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes