A ghrelinaBUSCatermos ghrelina ou grelina (en farmacoloxía o nome DCI é lenomorelina) é unha hormona peptídica de 28 aminoácidos que estimula o apetito, producida polas células do tracto gastrointestinal, principalmente polas células P/D1 do revestimento interno do fundus do estómago e polas células épsilon do páncreas. Adoita denominarse "hormona da fame", xa que estimula o apetito. Orixínase a partir da clivaxe ou corte dun prepropéptido máis longo codificado no xene GHRL, situado no cromosoma 3 humano. Os niveis de ghrelina increméntanse antes das comidas e diminúen despois. Considérase que contrarresta á hormona leptina, producida polo tecido adiposo, a cal induce a sensación de saciedade cando está presente en niveis altos. Nalgúns tratamentos da obesidade, redúcese o nivel de ghrelina dos pacientes, para así causar a saciedade bastante antes de que esta se produza de forma normal.
A ghrelina é un potente estimulador da hormona do crecemento na adenohipófise. O receptor da ghrelina é un receptor acoplado á proteína G, coñecido como o receptor secretagogo da hormona do crecemento. A ghrelina únese á variante de splicing GHSR1a deste receptor, o cal está presente en gran cantidade no hipotálamo, hipófise e nos corpos das células aferentes vagais e nas terminacións aferentes vagais por todo o tracto gastrointestinal
A ghrelina xoga un papel significativo na neurotrofia (desenvolvemento e funcionamento neuronal), especialmente no hipocampo, e é esencial para a adaptación cognitiva ao cambio de ambientes e no proceso da aprendizaxe. at The Scientist Recentemente, viuse que a ghrelina activa a isoforma endotelial da óxido nítrico sintase nunha ruta que depende de varias quinases, como a Akt.
A diferenza de moitos outros péptidos endóxenos, a ghrelina pode cruzar a barreira hematoencefálica, o que lle dá á ghrelina administrada exoxenamente un gran potencial para o seu uso clínico.
Historia e nome O descubrimento da ghrelina seguiu ao descubrimento do receptor da ghrelina en 1996 e foi publicado por Masayasu Kojima e os seus colegas en 1999. O seu nome foi acuñado en inglés como ghrelin, e ten unha estraña ortografía en inglés e en galego, xa que esta denominación está baseada no seu papel como péptido liberador da hormona do crecemento (growth hormone-releasing peptide), e á vez fai referencia á raíz protoindoeuropea *ghre, que significa crecer, e ten a terminación ina, típica do nome da maioría das hormonas. Tamén se ve escrito grelina, regularizando máis a ortografía, aínda que perdendo parte da referencia ao seu significado orixinario. En calquera caso, o nome do seu xene mantén o H (GHRL).HGNC GHRL
Síntese e variantes miniatura|Preproghrelina (verde e azul) e ghrelina (verde). O ARNm transcrito do xene GHRL codifica un péptido de 117 aminoácidos chamado preproghrelina, que contén 4 exóns de dito xene. Primeiro, córtase e sepárase a molécula do péptido de sinalización deste longo precursor, orixinando o que queda a proghrelina. A proghrelina é cortada despois en dous fragmentos producindo o péptido ghrelina de 28 aminoácidos (non acilado) e a ghrelina C (da cal se supón que se corta a obestatina).
O termo ghrelina xeralmente fai referencia á forma octanoilada da ghrelina (acil ghrelina), é dicir, unida a un residuo de ácido octanoico. A acil ghrelina está formada polo péptido de 28 aminoácidos cunha octanoilación no seu terceiro aminoácido (serina). Esta octanoilación lévaa a cabo o encima ghrelina O-aciltransferase (GOAT) (membro da familia de proteínas de O-aciltransferases unidas á membrana), localizado no estómago e páncreas. Este péptido pode activar o receptor GHSR e é por iso coñecido como a forma activa da ghrelina. A forma non octanoilada coñécese como desacil ghrelina ou forma inactiva (xa que non activa ao GHSR1a e, xa que logo, non libera a acil ghrelina similar á hormona do crecemento), aínda que diversos estudos mostraron que exerce os seus propios efectos.Tamén se atoparon outras cadeas laterais distintas do octanoíl.
Modo de acción
A ghrelina é a primeira hormona que promove o apetito que foi identificada. A ghrelina e as ghrelinas sintéticas (secretagogos da hormona do crecemento) incrementan o consumo de comida e a graxa corporal actuando sobre o hipotálamo. Activan as células do núcleo arcuato que inclúen as neuronas do neuropéptido Y orexixénico (NPY). A resposta destas neuronas á ghrelina é sensible tanto á leptina coma á insulina. A ghrelina tamén activa a conexión de recompensa colinérxica-dopaminérxica mesolímbica, un circuíto que comunica os aspectos pracenteros e reforzantes da recompensa natural, como a comida, e as drogas aditivas, como o etanol.
Hai tamén fortes evidencias de que a ghrelina ten un efecto modulatorio do apetito periférico sobre a saciedade ao afectar á mecanosensibilidade dos aferentes vagais gástricos, facéndoos menos sensibles á distensión causada polo exceso de comida no aparato dixestivo.
Relación coa obestatina A obestatina é unha suposta hormona cuxa existencia foi proposta en 2005 e que foi descrita como unha hormona que diminuía o apetito. Tanto a obestatina coma a ghrelina están codificadas polo mesmo xene; o produto do xene cortaríase orixinando dúas hormonas peptídicas. Pero a importancia fisiolóxica deste mecanismo non se coñece, e ningunha convertase secretora pode escindir o precursor recombinante cortándoo no residuo requirido para a xeración de obestatina; polo que a xeración fisiolóxica deste péptido é cuestionable. Non se fixeron tampouco estudos bioquímicos sobre a obestatina circulante.
Funcións Tracto gastrointestinal
Propúxose que a ghrelina promove a proliferación das células intestinais e inhibe a súa apoptose durante os estados inflamatorios e o estrés oxidativo. Tamén suprime os mecanismos proinflamatorios e aumenta os antiinflamatorios, polo que podería utilizarse terapeuticamente en casos de inflamacións gastrointestinais como colite e sepse. Tamén ten capacidade rexenerativa das mucosas danadas do estómago. A ghrelina tamén incrementa a motilidade do tracto gastrointestinal, igual que o fai a motilina. A ghrelina tamén parece promover a malignidade dos tumores gastrointestinais e pancreáticos.
Desenvolvemento pulmonar Nos fetos parece que a ghrelina prodúcese nos pulmóns e promove o seu crecemento.
Aprendizaxe e memoria Estudos en modelos animais indican que a ghrelina pode entrar no hipocampo desde a circulación sanguínea, alterando as conexións nervio-célula, e mellorando a aprendizaxe e a memoria. Suxeriuse que se aprende mellor durante o día e cando o estómago está baleiro, xa que os niveis de ghrelina son maiores neses momentos.Learning and memory stimulated by gut hormone | Science Blog
Depresión inducida polo estrés Esta hormona podería axudar a contrarrestar os síntomas de depresión e ansiedade inducidas polo estrés, o que foi estudado en ratos.Newswise: Hunger Hormone Increases During Stress, May Have Antidepressant Effect Retrieved on June 18, 2008.
Duración do sono Un estudo aparecido na revista PLoS Medicine suxire que a curta duración do sono está asociada con altos niveis de ghrelina e obesidade. Cando se incrementan as horas de sono, as concentracións de ghrelina son considerablemente máis baixas, reducindo potencialmente o apetito e diminuíndo a posibilidade de obesidade.
Importancia clínica
Os niveis de ghrelina no plasma sanguíneo dos obesos é menor ca nas persoas delgadas, o que suxire que a ghrelina non contribúe á obesidade, excepto en casos de obesidade inducida pola síndrome de Prader-Willi, na que os niveis altos de ghrelina están correlacionados co incremento na inxestión de alimento. As persoa que sofren do trastorno da alimentación anorexia nerviosa teñen niveis plasmáticos altos de ghrelina en comparación tanto coas persoas de constitución delgada coma de peso normal. O uso de ghrelina nos pacientes de anorexia nerviosa incrementa o consumo de alimentos nun 12-36%.
Yildiz e colegas encontraron que os niveis de ghrelina increméntase desde a medianoite ao amencer nas persoas máis delgadas, o que suxire a existencia dun defecto no sistema circadiano nas persoas obesas. O profesor Cappuccio da Universidade de Warwick descubriu recentemente que a duración curta do sono pode levar tamén á obesidade, por medio do incremento do apetito debido a cambios hormonais. A falta de sono produce ghrelina, a cal estimula o apetito e crea menos leptina, a cal, entre os seus moitos outros efectos, suprime o apetito.
Os niveis de ghrelina son tamén altos en pacientes que teñen caquexia inducida polo cáncer.
Polo menos un estudo atopou que a cirurxía de bypass gástrico non só reduce a capacidade do intestino por almacenar comida, senón tamén baixa drasticamente os niveis de ghrelina comparados coas persoas control delgadas ou coas persoas que perderon peso só por medio dunha dieta.
A ghrelina a través do seu receptor incrementa a concentración de dopamina na substancia negra, unha rexión do encéfalo onde a dexeneración das células da dopamina orixina a enfermidade de Parkinson. Por tanto, a ghrelina podería aplicarse para atrasar o comezo da enfermidade de Parkinson.
Vacina antiobesidade Recentemente, desenvolveuse unha vacina antiobesidade, que está dirixida contra a hormona ghrelina nos roedores e porcos. A vacina utiliza o sistema inmunitario, concretamente os anticorpos, para unirse a obxectivos seleccionados, dirixindo a resposta inmunitaria do propio corpo contra eles. Isto impide que a ghrelina chegue ao sistema nervioso central, e produce así a desexada redución de peso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Hormonas Categoría:Aparato dixestivo