El Clamor Público foi un periódico que se editou en Ferrol entre 1889 e 1901.
Historia e características
Subtitulado Diario Republicano, apareceu en 1889. Tivo unha segunda época que comezou en agosto de 1899 substituíndo ao semanario La Unión.La Idea Moderna, 3-8-1899, p. 2. Entre os seus redactores figurou Francisco Fernández García "Pedrosa", que foi o seu director en 1900.El Correo Gallego, 12-1-1900, p. 2. Contaba con varias seccións como "Artículo de fondo", "Guía del viajero", "Notas reporteriles" e "Noticias varias". Editábase na imprenta de Román Torres. Cesou a súa publicación o 10 de agosto de 1901.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1889 en Galicia Categoría:Século XIX en Galicia