O ácido D-galacturónico é un azucre ácido derivado da D-galactosa por oxidación do grupo OH do seu carbono 6 ChemSpider D-galacturonic acid. É o principal compoñente das pectinas , onde pode encontrarse en forma de ácido poligalacturónico. Presenta un grupo aldehido no carbono 1 (na forma ciclada forma un hemiacetal) e un grupo carboxilo (COOH) no carbono 6 PubChem compound (2S,3R,4S,5R)-2,3,4,5-tetrahydroxy-6-oxohexanoic acid. Outras formas oxidadas da D-galactosa relacionadas son o ácido D-galactónico (cun carboxilo en C1) e o ácido meso-galactárico ou ácido múcico (con dous grupos carboxilos, en C1 e C6). O ácido galacturónico é un ácido urónico ou ácido hexurónico, entre os cales os que se atopan na natureza son o ácido glicurónico, o ácido D-galacturónico, o ácido idurónico e o ácido manurónico.

Nas imaxes móstranse os isómeros alfa e beta do ácido D-galacturónico ciclado na fórmula de Haworth, e a fórmula lineal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pectina Ácido glicurónico Ácido idurónico

Ligazóns externas Site sur la pectine

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos Categoría:Azucres ácidos