Johnathan Hildred Wall, Jr., nado o 6 de setembro de 1990 en Raleigh, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional Wall foi elixido na 1ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Washington Wizards. Na súa tempada coma rookie, foi elixido MVP do Partido de Rookies do All-Star Weekend de 2011, foi escollido coma Rookie do Mes da Conferencia Leste dende xaneiro ata abril, e rematou 2º na votación para o Rookie do Ano da NBA detrás de Blake Griffin e foi escollido no primeiro equipo de rookies.
O 2 de decembro de 2020, Wall foi traspasado ós Houston Rockets xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2023, a cambio de Russell Westbrook.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Raleigh, Carolina do Norte Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers