Fernando Pardo Gómez, nado o 24 de setembro de 1922 en Madrid e finado o 13 de febreiro de 2019, foi un médico, escritor e político galego, que foi senador por Alianza Popular.
Traxectoria De familia de San Cibrao, localidade á que estivo toda a vida vencellado, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela a principios da década dos corenta. Mudouse a Madrid, onde traballou na clínica que tiña o médico Gregorio Marañón. En 1951 trasládase a Lugo, cunha consulta privada de medicina do aparato dixestivo e de endocrinoloxía.
Elixido concelleiro en Lugo e posteriormente deputado provincial, nas Xerais de 1982 integrou a candidatura de Alianza Popular ao Senado con Francisco Cacharro Pardo e Julio Ulloa Vence, e saíu elixido. Mantívose durante catro anos na Cámara Alta e despois abandonou a política activa.
Colaborou frecuentemente en xornais como El Progreso e La Voz de Galicia.
Obra La navegación a vela en la Mariña lucense Historia de la Medicina de Lugo y su provincia Historia de San Ciprián''
Vida persoal Casado, tivo sete fillos. Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Necrolóxica .
Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Políticos de AP Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1922 Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Finados en 2019 Categoría:Presidentes do CD Lugo