Fonte Paredes é un lugar da parroquia de Ons no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 60 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,Instituto Nacional de Estadística dos cales 30 eran homes e 30 eran mulleres. Patrimonio

Nesta aldea está a igrexa parroquial de Santa María de Ons, de finais do século XVIII. Ten unha soa nave rectángular e dúas ábsidas laterais. O pórtico ocupa gran parte da fachada e está coroado por unha imaxe da Virxe cuberta por un arco de medio punto. Por riba dunha arquitrabe xadrezada está o friso decorado con motivos xeométricos (un triángulo equilátero que representa á Santa Trindade do que parten raios en todas as direccións). Remata a fachada un sinxelo campanario. No interior do templo destaca o retablo en pedra, realizado polo escultor Antonio Fabeiro en 1789. Representa á Virxe María rodeada por anxos que a levan cara ao Ceo baixo un arco sostido por dous pares de columnas. Recuperado en 2007 por iniciativa dos veciños, a restauración sacou á luz as pinturas orixinais de 1827.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Ons

Parroquias de Brión

Categoría:Lugares de Brión