Delio Rodríguez Barros, nado en Moreira (Ponteareas) o 19 de abril de 1916 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1994, foi un ciclista galego, profesional entre 1936 e 1950. É o corredor que obtivo máis vitorias de etapa na Vuelta Ciclista a España, con 38 vitorias no conxunto das súas participacións e con 32 días como líder de proba.
Após a súa retirada do ciclismo de elite, instalou en Vigo un establecemento de venda de material deportivo que prestaba grande atención ao ciclismo. Faleceu na súa casa de Vigo por mor dun cancro de próstata e foi soterrado en Ponteareas.
Traxectoria Na súa primeira Vuelta a España, en 1936, rematou na posición 24. En 1941 participou de novo na proba como membro do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona. Conseguiu imporse en doce etapas, seis delas consecutivas, das vinte e dúas que tiña a proba.
En 1942 militou na sección de ciclismo do Real Club Deportivo da Coruña canda Julián Berrendero, gañador final da proba, e con quen deixaría o club herculino en segundo posto na clasificación por equipos.
En 1945 gañou a volta ciclista a Galicia e a Vuelta Ciclista a España, como líder xa desde a segunda etapa. A 1ª etapa de Madrid a Salamanca (212 km) replicaba a Vuelta a España de 1942, debido á superioridade de Berrendero. Despois dun ataque de Vicente Trueba no Alto de los Leones, replicou Berrendero, canda José Gándara Villegas e João Rebelo. No descenso, o portugués marchou só levando o seu avance a 3 minutos a 20 km da meta. Porén, o vento lateral freouno, e foi finalmente superado por Berrendero, Dalmacio Langarica, Juan Gimeno, Bernardo Capó e Miguel Gual. Xa en Salamanca, Berrendero gañou no sprint e conseguiu, grazas ás bonificacións, máis de 6 minutos sobre Delio.
Na etapa seguinte (Salamanca - Cáceres), baixo unha fina chuvia e nunha estrada en malas condicións, pouco despois da saída destacáronse Rebelo, Olmos, Bailón, Antonio Montes e Delio. Pouco despois descolgáronse Montes e Rebelo, por picadas, e Olmos, por rotura de cadea. Delio e Bailón pasaron o alto de Béjar con 2' 43" sobre o pelotón. Ao final do descenso dobraron a súa vantaxe, sorprendidos da apatía do pelotón. A partir de aí, ambos corredores viron medrar a súa vantaxe até chegar aos 35" en Plasencia. A 30 km da meta, Bailón desfaleceu e Delio continuou só e gañou a etapa con 15" sobre Bailón e 30" sobre os outros favoritos. Así, Delio gañou a Vuelta desde a 2ª etapa e Berrendero focalizouse en bater a Rebelo no premio da montaña, feito que acadou. Ficou na xeral final en 2º posto, a 15" de Delio.
En 1947 sumou oito etapas e foi líder os once primeiros días da carreira. Rematou no terceiro posto na xeral final.
Palmarés 1940 2 etapas na Volta a Catalunya 1 etapa na Vuelta a Cantabria Trofeo Masferrer 1 etapa do Circuíto do Norte GP Biscaia
1941 12 etapas na Vuelta a España 4 etapas na Volta a Catalunya Subida ao Naranco 2 etapas na Vuelta a Navarra 4 etapas do Circuíto do Norte GP Biscaia
1942 8 etapas etapas na Vuelta a España 1 etapa na Volta a Catalunya
1943 3 etapas na Volta a Catalunya Subida ao Naranco 1 etapa na Volta a Levante 1 etapa do GP Concello de Bilbao
1944 2 etapas na Volta a Catalunya 5 etapas na Volta a Levante 2 etapas na Vuelta a Cantabria GP Biscaia1945 Vuelta a España 20px e 6 etapas Volta a Galicia e 2 etapas 3º no Campionato de España en Ruta 16px 1 etapa do Circuíto do Norte
1946 4 etapas na Vuelta a España 4 etapas na Vuelta a Castela e León
1947 8 etapas na Vuelta a España 2 etapas na Volta a Galicia 2 etapas na Vuelta a Asturias 1 etapa na Vuelta a Castela e León 1 etapa na Vuelta a Burgos
1948 3 etapas na Volta a Levante 2 etapas na Volta a Portugal
Resultados en grandes voltas e campionato do Mundo Carreira193619371938193919401941194219431944194519461947Giro de Italia-----XXXXX--Tour de Francia----XXXXXXX-Vuelta a España24ºXXXX4º7ºXX1º5º3ºMundial en ruta 28px---XXXXXXX--
Legado Adicóuselle unha rúa na vila de Ponteareas. Fálase del na novela de Camilo José Cela Viaje a La Alcarria (1948):
Vida persoal Os seus irmáns tamén foron ciclistas de competición, entre eles Emilio, Manuel, Pastor e Aurita. Esta última, ademais, foi unha das pioneiras no deporte de competición feminino galego. Outro irmán, José, foi xogador de fútbol, igual que o seu sobriño Rafael.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Galegos na Vuelta a España Ligazóns externas Palmarés completo de Delio Rodríguez. El sitio del ciclismo. Delio Rodríguez Barros. Equipos
Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Gañadores da Vuelta a España Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en 1994 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes