miniatura|Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. Un entremés é unha obriña teatral nun só acto que se caracteriza pola brevidade (150-1000 liñas), pola comicidade e, ademais pola dependencia, ó representarse nos descansos entre actos dunha obra principal.

A trama e o conflito son mínimos. O tempo e o espazo están só vagamente aludidos. O número de figuras oscila entre tres e cinco. Os personaxes son tipos máis ou menos estereotipados de estratos sociais baixos e populares, que se mostran en situacións insólitas, absurdas e grotescas para provocar comicidade.

Exemplos Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araújo. A carauta, de Eduardo Blanco Amor, recreación do paso castelán La carátula de Lope de Rueda.

Véxase tamén

Outros artigos Teatro

Categoría:Xéneros e estilos teatrais