Leônidas da Silva, nado o 6 de setembro de 1913 no Río de Xaneiro e finado o 24 de xaneiro de 2004 en Cotia, (San Paulo), foi un dos principais xogadores brasileiros de fútbol.
Traxectoria Coñecido como o "Diamante Negro" ou o "Homem de borracha", Leônidas da Silva comezou a súa carreira en equipos locais no Río de Xaneiro. Despois de facer dous goles na súa estrea vestindo a camisola amarela da selección brasileira, foi xogar para o Peñarol do Uruguai en 1933. Despois dun ano, volveu ao Brasil para xogar no Vasco da Gama, ao cal axudou a gañar o Campionato Carioca de 1934. Despois de xogar o seu segundo mundial, en 1934, foi xogar co Botafogo e gañou outro Campionato Carioca en 1935. No ano seguinte, foi para o Flamengo, onde ficou ata o 1942. En 1938, foi o máximo anotador da Copa do Mundo con 8 goles, incluíndo catro marcados contra a Polonia. Iso fixo del o primeiro xogador da historia en marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo. Na semifinal, contra a Italia o adestrador brasileiro reservou a Leônidas para a final. Brasil perdeu ese encontro por 2-1. Remataría a súa carreira xogando para o Sao Paulo.
Segundo se di, moitas xogadas populares hoxe en día partiron da súa imaxinación, coma a tesoira ou a bicicleta, aínda que el mesmo só se consideraba o perfeccionador desta última, xa que o inventor sería Petronilho de Brito.
Está enterrado no Cemitério da Paz en São Paulo.
Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Goleadores da Copa do Mundo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934 Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil Categoría:Adestradores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938