miniatura|dereita|230px|Salvador, sede e maior cidade da rexión metropolitana. miniatura|dereita|230px|Camaçari. A Região Metropolitana de Salvador, tamén coñecida como Grande Salvador ou polo acrónimo RMS, foi instituída pola Lei Complementar Federal número 14, do 8 de xuño de 1973. Con habitantes (IBGE/2010), é a terceira rexión metropolitana máis habitada do Nordeste brasileiro, a sétima do Brasil e a 109ª do mundo.
Comprende os municipios de Camaçari, Candeias, Dias d'Ávila, Itaparica, Lauro de Freitas, Madre de Deus, Mata de São João, Pojuca, Salvador, São Francisco do Conde, São Sebastião do Passé, Simões Filho e Vera Cruz.
A súa área de influencia abrangue os estados da Baía e Sergipe, alén de parte dos estados de Alagoas, Pernambuco e Piauí.
A RMS carece de órganos para a coordinación de accións conxuntas e para a descentralización, xa que, aínda que Salvador posúe máis de 2,6 millóns de habitantes, en ningún dos outros municipios pode haber segunda volta nas eleccións municipais..
Municipios Orixinalmente, a RMS estaba composta por oito municipios, mais despois da emancipación de Madre de Deus, distrito de Salvador até 1990, e de Dias d'Ávila, pasou a ter dez municipios. O 17 de decembro de 2007, foi aprobada pola Asemblea Lexislativa de Bahia e sancionada polo goberno estatal o 3 de xaneiro de 2008 a Lei complementar estatal n° 30, que inclúe Mata de São João e São Sebastião do Passé na RMS. O 22 de xaneiro do ano seguinte, a inclusión de Pojuca foi sancionada polo gobernador Jaques Wagner a través da Lei complementar estatal n° 32. Abaixo segue unha táboa comparativa cos datos dos municipios que compoñen actualmente a rexión metropolitana.
MunicipioLexislaciónÁrea (km²)IBGE, Área Territorial Oficial, Resolución nº 5 de 10 de outubro de 2002. Consultado o 16 de outubro de 2011.Poboación(2010)IDHPIB (en miles de reais)(2007)SalvadorLCF 14/1973CamaçariLCF 14/1973Lauro de FreitasLCF 14/1973Simões FilhoLCF 14/1973CandeiasLCF 14/1973Dias d'ÁvilaLCF 14/1973Vera CruzLCF 14/1973São Francisco do CondeLCF 14/1973ItaparicaLCF 14/1973Madre de DeusLCF 14/1973Mata de São JoãoLCE 30/2008São Sebastião do PasséLCE 30/2008Pojuca LCE 32/2009TOTALEste dato non inclúe os municipios anexados despois do ano 2000, a saber: Pojuca (anexado en 2009), São Sebastião do Passé e Mata de São João (anexados en 2008).
Xeografía miniatura|dereita|300px|Municipios da RM de Salvador, antes da inclusión de Pojuca.
Grande Salvador, con km², posúe un extenso litoral. Con excepción de Dias d'Ávila, Pojuca e São Sebastião do Passé, todos os seus outros municipios teñen litoral, facendo costa co océano Atlántico, como Mata de São João, Camaçari e Lauro de Freitas, ou coa Baía de Todos os Santos, como Itaparica, Candeias, Simões Filho, São Francisco do Conde, Madre de Deus, ou mesmo cos dous, como Salvador e Vera Cruz.
Posúe tamén varias illas e illotes, destacando a illa de Itaparica, a maior de todas. Nela, localízanse os municipios de Itaparica e Vera Cruz.
Demografía A Rexión Metropolitana de Salvador posúe unha poboación de 3.707.281 habitantes (IBGE/2010), nunha área territorial de km, o que representa unha densidade demográfica de 847,35 hab/km².
Evolución demográfica Evolución demográfica e estimacións segundo a ONU (2005) (en miles de habitantes)ONU, 2005 Revision of World Urbanization Prospects. Perspectiva Mundial, datos de 2005. Consultado o 16 de outubro de 2011. 1950 1955 1960 1965 1970 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2010 2015 403 520 671 847 1 069 1 341 1 683 1 983 2 331 2 644 2 968 3 331 3 695 3 950
Economía Destacan na rexión metropolitana as actividades industriais do Polo Petroquímico de Camaçari e do Centro Industrial de Aratu, alén das actividades relacionadas co turismo e co comercio. Segundo o IBGE, no 2008, o seu produto interior bruto era de R$ e a renda per cápita era de R$ Este dato inclúe o municipio de Pojuca, anexado no 2009..
A rexión conta aínda co Aeroporto Internacional de Salvador e cos portos de Salvador e de Aratu.
Notas
Categoría:Xeografía do Brasil Categoría:Estado da Baía