dereita|miniatura|Necrolóxica no Diario de Pontevedra. María Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1928 e finada o 24 de novembro de 2022 na mesma cidade, foi unha influente científica galega.
Traxectoria Foi doutora en Física (1963) e catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos en Manchester e Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR.
Foi a primeira muller nomeada, en 1979, visiting research professor da Universidade de Manchester.
Era sobriña de Valentín Paz-Andrade.
Obras La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica, 1990.
Recoñecementos
Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992) Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2000) Premio María Josefa Wonenburger Planells (2007) Medalla Castelao (2008).As Medallas Castelao 2008 recaeron en Inmaculada Paz, Zumalave e Carrabouxo, ABC Galicia.Na construción dun país , Galicia Hoxe Doutora honoris causa pola Universidade de Vigo (2018) En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, artigo PAZ-ANDRADE RODRÍGUEZ, Inmaculada. Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia. Outros artigos Afonso Paz-Andrade. Ligazóns externas Inmaculada Paz Andrade, premio María Wonenburger Mujeryciencia.es . 13px Retos para as novas tecedoras de coñecemento, Consello da Cultura Galega. 17px Galegos Televisión de Galicia, 24/5/2014. Inmaculada Paz Andrade, investida como doutora honoris causa pola UVigo
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1928 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2022 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Vigo