A edición 2011-2012 da Liga Galega de Rugby foi por 4º ano seguido a 4ª e última división do rugby en Galicia, por detrás das 3 competicións nacionais organizadas pola FER (División de Honra, División de Honra B e Primeira Nacional), e o único campionato ligueiro organizado pola FGR dende que en 2008 desapareceu a 2ª división autonómica.
Desenvolvemento
O campionato comezou o 16 de outubro de 2011 con doce equipos inscritos (dous deles filiais), cinco máis ca na Liga Galega de Rugby 2010-11. Isto debeuse ao descenso de dous equipos dende a Primeira Nacional (CD Zalaeta e CR Lalín), o debut dun novo equipo galego (Pontevedra RC), a inclusión dun equipo de León que deixou este ano o torneo autonómico de Castela e León (Bierzo RC), amais da volta do filial do CRAT despois dun ano fora do torneo. O único equipo galego que este ano non tivo ningunha representación na Liga Galega de Rugby foi o Ingleses RC de Vilagarcía, que competiu na Primeira Nacional co primeiro equipo do CRAT, no ano no que o primeiro equipo de Vigo RC debutou na División de Honra.
O campión final do torneo foi o filial do Vigo RC, que rematou a competición cun 100% de vitorias. Clasificación 300px CR Ferrol12px|Ferrol 10px|A CoruñaCD Zalaeta CRAT 'B10px|A Coruña Santiago RC12px|Santiago de Compostela 12px|As PontesCR Fendetestas 12px|LalínCR Lalín 12px|LugoMuralla RC Bierzo RC12px|Ponferrada 12px|VigoVigo RC 'B 12px|PontevedraMareantes RC Pontevedra RC12px|Pontevedra 12px|OurenseOurense RC Situación xeográfica dos 12 equipos: Fonte: Clasificación en www.fegarugby.es Táboa da Liga Galega de Rugby 2011-2012PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1Vigo RC 'B1092222002102CD Zalaeta952219031813CR Lalín832217051324Mareantes RCP692214081125Ourense RC65*2213091126CR Ferrol562212010737Muralla RC55*22110111128Santiago RC37*228014619CRAT 'B302260164210CR Fendetestas272250172511Pontevedra RC202230193512Bierzo RC922202002 A vitoria vale 4 puntos, o empate vale 2 puntos, e a derrota vale 0 puntos. Pódense acadar puntos bonus por anotar 4 ensaios ou máis, e cando se perde por 7 puntos ou menos.
Categoría:Rugby en 2012 Categoría:Liga Galega de Rugby