Antonio Pérez Rodríguez, nado en Vilar de Lebres (Trasmiras) en 1969, é un político galego do PPdeG
Traxectoria Estudou Maxisterio e é diplomado en Empresariais pola Universidade de León. É asesor fiscal. Foi tenente de alcalde e concelleiro de tráfico polo PPdeG en Xinzo de Limia e deputado provincial dende 2007. O 1 de xullo de 2010 foi proclamado presidente do Partido Popular de Xinzo de Limia. O 11 de outubro de 2010 Isaac Vila dimitiu como alcalde de Xinzo ante o pleno municipal e Antonio Pérez resultou elixido como novo alcaldeAntonio Pérez, nuevo alcalde de Xinzo de Limia. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG que gañou por maioría absoluta, volvendo ser elixido alcalde. Nas municipais de 2015 foi novamente reelixido con maioría absoluta. O 21 de marzo de 2018 Pérez foi condenado polo Xulgado Penal de Ourense por prevaricación e inhabilitado durante 8 anos e medio, motivo polo que se viu obrigado a presentar a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello, polo que foi substituído por Manuel López Casas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xinzo de Limia
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Trasmiras Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes