Tomás Rodríguez Arias, nado en Vigo o 26 de outubro de 1952, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Nado en Vigo, pero instalado dende os dous anos en Roupar. Estudou en Lugo e rematou o bacharelato no Instituto Pardo Bazán das Pontes. É empresario do sector do transporte. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Xermade e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xermade
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso Entrevista na web do concello de Xermade
Categoría:Alcaldes de Xermade Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes