Tomas Tranströmer Gösta, nado o 15 de abril de 1931 en Estocolmo e finado o 26 de marzo de 2015, foi un escritor, poeta e tradutor sueco, cuxa poesía foi traducida a máis de 60 idiomas. Foi o gañador do Premio Nobel de Literatura 2011, "xa que, a través das súas condensadas, transparentes imaxes, dános un acceso fresco á realidade". Tranströmer é aclamado como un dos escritores escandinavos, máis importantes dende a segunda guerra mundial. Os críticos eloxiaron os poemas de Tranströmer pola súa accesibilidade, mesmo na tradución; as súas descricións dos longos invernos suecos, o ritmo das estacións e a palpable beleza da natureza.

Vida Tranströmer recibiu a súa educación secundario na Escola Södra Latin de Estocolmo, graduándose en Psicoloxía, Historia da Literatura e Historia das Relixións na Universidade de Estocolmo en 1956. Comezou a escribir ao trece anos, publicando a súa primeira colección de poemas, 17 dikter (Dezasete poemas) en 1954. A súa antoloxía máis recente, Dean stora gåtan (Gran enigma), foi publicada no 2004. Tamén editou unha autobiografía curta, Minnena ser mig (Os lembranzas míranme - Visión da memoria), en 1993.

Outros poetas, especialmente na década de 1970, acusárono de apartarse da tradición e de non incluír temas sociais nos seus poemas e novelas. O seu traballo apóiase nunha linguaxe modernista, expresionista e ás veces surrealista, con retratos aparentemente simples a partir da vida diaria e da natureza en detalle, revela unha penetración mística en canto aos aspectos universais da mente humana. En 1990, sufriu unha hemiplexía que afectou o seu discurso, mais continúa a escribír. Gustáballe tamén tocar o pianoJean-Pierre Thiollet, 88 notes pour piano solo, Neva Editions, 2015, p.154-155. .

Crítica A crítica internacional considérao un dos poetas máis sobresaíntes de Suecia. En 2011 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura; previamente gañara o premio Bonnier de poesía, o premio internacional Neustadt de literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía. A súa obra poética foi traducida a máis de sesenta idiomas.

Obra Coleccións suecas 17 dikter 1954 Hemligheter på vägen, 1958 Den halvfärdiga himlen, 1962 Klanger och spår, 1966 Mörkerseende, 1970 Stigar, 1973 Östersjöar, 1974 Sanningsbarriären, 1978 Det vilda torget, 1983 För levande och döda, 1991 Sorgegondolen, 1996 Den stora gåtan, 2004 Galleriet: Reflected in Vecka nr.II, 2007

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeos de Tomas Tranströmer en YouTube

Tranströmer Tranströmer Tranströmer Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Premios Nobel de Suecia