A Escola maternal naceu en Francia da man da pedagoga Marie Pape-Carpantier(1815-1878), que dedicou toda a súa vida á educación tanto nas salas de asilo como tamén no ensino primario. Sendo moi nova, foi directora das salas de asilo na cidade de La Flèche.
Trasladada a Le Mans, ocupa a dirección en 1845, trala publicación de Consellos sobre a dirección das salas de asilo, da Escola Normal Maternal de París. Concibe estes centros como unha institución para a educación dos cativos de clases populares e sen posibilidades formativas.
Marie Pape-Carpantier caracterizouse polo seu laicismo e por utilizar unha metodoloxía natural e atractiva que evita todo tipo de coaccións, resaltando a relevancia da educación sensorial e moral. No 1846 publica Asesoramento sobre a dirección das salas de asilo. Destaca á súa vez o respecto á espontaneidade e a adaptación ao desenvolvemento do cativo, para o cal propón unha ensinanza concéntrica e progresiva que posibilite a especialización.
Os asilos onde traballaba eran institucións que xurdiron pola necesidade social da época. Eran de carácter benéfico caritativo e pertencían na súa maioría ao sector privado. Neses lugares os nenos eran atendidos por persoas adultas. As características destes asilos eran: Non estaban suxeitos a ningún regulamento ou control oficial. Posuían unha matrícula de 300 a 400 alumnos, atendidos en salóns, cun espazo pouco adecuado. Rexíanse por unha disciplina rigorosa e unha educación netamente tradicionalista, xa que os nenos debían permanecer sentados durante horas e en completo silencio e aprendían por medio do memorismo e verbalismo.
Marie Pape-Carpentier efectuou un cambio enorme nos asilos que dirixía, xa que incorpora ideas innovadoras ao distribuír os nenos en seccións organizadas e reducindo a matrícula a un máximo de cento cincuenta nenos. O feito de que os mestres coñeceran os alumnos contribuíu positivamente na ensinanza; creou un método de ensinanza onde os nenos aprendían co contacto de diversos elementos, o que facía o traballo máis agradable para alumnos e mestres. Dadas estas condicións os asilos pasaron a ser Escolas Maternais e comenzou a instaurase nelas a pedagoxía.
O éxito destas novas institucións despertou o interese de persoas caritativas e industriais que querían que lles brindaran aos fillos das traballadoras, e os nenos orfos. Isto causou o interese por parte do estado, intervindo e investindo nelas.
Véxase tamén Outros artigos Escola de asilo Escola de amiga Escola de dama Escola mutua
Categoría:Maternidade Categoría:Experiencias de educación infantil Categoría:Escolas de educación infantil