Os taxis vermellos (en ) é a primeira historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo. Apareceu co título de Benoît Brisefer en 1960, entre os números 1183 e 1224 da revista Spirou, e foi publicada como álbum en 1962.
Foi traducido ao galego por Miguel Vázquez Freire, e publicado por Editorial Casals en outubro de 1991.
Trama
Bieito Fendeferro é un rapaz moi educado e estudoso que vive en Vila Ledicia. Na cidade aparece unha nova compañía de taxis, que amolan ao seu amigo o taxista Caetano. Investigando, Bieito descobre que a compañía é unha tapadeira do señor Polónez para roubar os bancos e mais as xoierías da vila.
Caetano e Bieito son secuestrados e levados a unha illa deserta, pero Bieito logra escapar nunha barca, e tras desembarcar en Portugal, volve correndo á súa vila para avisar á policía.
Categoría:Obras de banda deseñada Categoría:Obras literarias de 1962 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego