Les Wriggles é un grupo musical francés nacido en 1995 formado por Christophe Gendreau, Stéphane Gourdon, Frédéric Volovitch, Antoine Réjasse e Franck Zerbib, deixando estes dous últimos o grupo en setembro de 2006.
Nas súas actuacións visten roupa vermella mentres tocan a guitarra, cantan sobre as trivialidades da existencia humana e realizan unhas coreografías.
As cancións máis populares de Le Wriggles en Francia son La petite olive, Poupine et Thierry, Monolithe e Les voisins.
Discografía
CD Justice avec des saucisses (1997) Les Wriggles partent en live (1999) Ah bah ouais mais bon (2002) Moi d'abord (2005) Tant pis tant mieux (2007)
DVD Les Wriggles à la Cigale (2003) Les Wriggles : Acte V au Trianon (2005) Les Wriggles en TourNez (2009)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Francia