Blur: The Best Of foi un álbum de grandes éxitos da banda inglesa Blur, publicado o 30 de outubro de 2000 por Food Records. Foi lanzado en CD, cinta de casete, MiniDisc, disco de vinilo dobre de 12", DVD e VHS. O CD inclúe 17 dos 23 sinxelos de Blur de 1990 a 2000, ademais do tema non sinxelo "This Is a Low" e unha nova gravación, "Music Is My Radar". Unha edición especial da versión en CD incluía un disco en directo. A versión en DVD/VHS contén os vídeos dos primeiros 22 sinxelos de Blur. No ano 2000, o álbum, que tivo unhas vendas sostibles, alcanzou o número 3 no Reino Unido e chegou ás listas dos Estados Unidos acadando o posto 186. A portada é do artista Julian Opie. A pintura da portada pódese atopar na National Portrait Gallery de Londres, Inglaterra.

O álbum recibiu unha resposta positiva da crítica. Das críticas recollidas de publicacións notables polo popular agregador de recensións Metacritic, o álbum ten unha taxa de aprobación xeral do 88 %.

Foi certificado cinco veces como platino no Reino Unido, o que o converte no álbum máis vendido de Blur neste país.

Listaxe de cancións

VHS/DVD "She's So High" "There's No Other Way" "Bang" "Popscene" "For Tomorrow" "Chemical World" "Sunday Sunday" "Girls & Boys" "Parklife" "To the End" "End of a Century" "Country House" "The Universal" "Stereotypes" "Charmless Man" "Beetlebum" "Song 2" "On Your Own" "M.O.R." "Tender" "Coffee & TV" "No Distance Left to Run"

Notas

Categoría:Álbums de Blur Categoría:Recompilatorios de 2000