Margaride é un lugar da parroquia de Quintá de Lor, no concello lugués de Quiroga. Segundo o IGE en 2009 tiña 29 habitantes (16 homes e 13 mulleres), o mesmo número de habitantes que en 1999.

Xeografía Margaride está situado no val do río Lor, nun importante eixo de comunicación. Pódese acceder ao lugar pola estrada N-120 que une Quiroga con Monforte de Lemos, pola LU-933 desde Quiroga.

Historia En Margaride houbo unha explotación de ouro dos Romanos (séculos I e II), do que quedan vestixios nas "Covas do Medo".

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Quintá de Lor

Parroquias de Quiroga

Categoría:Lugares de Quiroga