Patrulha do Espaço é unha banda brasileira de rock, nada en 1977 da man de Arnaldo Baptista (ex-Mutantes), conxuntamente co batería Rolando Castello Júnior (que xa tocara en Made in Brazil e en Aeroblus, da Arxentina), o baixista Oswaldo "Cokinho" Gennari e o guitarrista irlandés John Flavin (ex-Secos & Molhados).

O nome do grupo provén dunha música do disco Lóki de Arnaldo, e deu o seu primeiro concerto no 1° Concerto Latino Americano de Rock, no Ginásio Ibirapuera en São Paulo, en setembro de 1977.

Coa saída de Arnaldo Baptista, en 1978, a banda pasou a contar coa participación de Percy Weiss nas voces e realizou a gravación do primeiro disco independente de rock do Brasil, coñecido como Disco Preto, de onde os hits "Arrepiado" e "Vamos curtir uma juntos" foron as máis exitosas das oito faixas lanzadas nese vinilo.

Discografía Patrulha do Espaço (1980) Patrulha do Espaço (1981) Patrulha do Espaço (1982) Patrulha do Espaço 4 (1983) Patrulha 85 (1985) Elo Perdido (1988) Faremos uma Noitada Excelente (1989) Primus Inter Pares (1992) (1994) Dossiê Volume 1 (1997) Dossiê Volume 2 (1998) Dossiê Volume 3 (1998) Chronophagia (2000) Dossiê Volume 4 (2002) .ComPactO (EP) (2003) Missão na Área 13 (2004) Capturados Ao Vivo no CCSP em 2004 (2007)

Categoría:Grupos musicais do Brasil