miniatura|110px|Hœnir nunha ilustración do século XVII dun manuscrito islandés miniatura|dereita|180px|Loki, Odín, Hœnir e Þjazi baixo forma de aguia nunha ilustración dun manuscrito islandés do século XVIII.
Na mitoloxía nórdica Hœnir era un deus que formaba parte dos Æsir. Canda Mimer foi cos Vanir como parte do intercambio realizado como pacto para finalizar a guerra entre ambos grupos de deuses. Os Vanir convertérono nun dos seus membros pero el era indeciso e relegáballe a Mimer todas as súas decisións. Este feito é mencionado na saga dos Ynglings, onde se lle chama Hone. A figura deste deus é enigmática, xa que a pesar de non darse demasiada información sobre el, aparece nos eventos máis importantes da mitoloxía nórdica, como a guerra entre os Æsir e os Vanir, a creación dos primeiros homes e a batalla da fin do mundo, o Ragnarök.
Na Völuspá, Hœnir e Lóðurr axudáronlle a Odín na creación do primeiro home, Ask e a primeira muller, Embla. Hœnir foi o encargado de darlles os sentidos a estes primeiros homes. En Gylfaginning, estes son substituídos por Vili e Ve. Como Snorri coñecía a Völuspá, é probable que Hœnir fora outro nome para Vili.
En Skáldskaparmál o deus é mencionado nunha travesía xunto a Odín e Loki onde se encontran co xigante Þjazi baixo forma de aguia cando se deteñen a preparar comida.
En Haustlöng consérvase un relato similar ao de Skáldskaparmál, onde Þjazi pide a Hœnir unirse á comida.
No prólogo de Reginsmál relátase que Hœnir xunto a Odín e Loki chegaron até a cascada onde moraba o anano Andvari que tiña a habilidade de transformarse en peixe e que máis tarde Loki lle roubaría o seu ouro e o anel Andvarinaut.
Segundo a Völuspá, Hœnir foi un dos poucos deuses que logrou sobrevivir ao Ragnarök.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deuses xermánicos
Categoría:Æsir Categoría:Deuses nórdicos Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses animais