7 Canal Rías Baixas é unha canle de televisión local galega propiedade de Televisión da Mancomunidade do Salnés S.L. con sede en Ribadumia e delegacións na Pobra do Caramiñal e na cidade de Pontevedra (inaugurada en 2017) . As súas emisións comezaron en 1994 co nome de Tele Salnés Barbanza (TVSB) e desde 2006 ten licenzas de TDT na demarcación do Salnés e Caldas, na do Barbanza e na de Pontevedra abranguendo os concellos de Boiro, Noia, Rianxo, O Porto do Son, Muros, A Pobra do Caramiñal, Outes, Carnota, Lousame, A Estrada, Sanxenxo, Cambados, O Grove e Vilanova de Arousa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Televisións locais de Galicia