Albert Stroni, nado en Fier o 18 de novembro de 1971, é un antigo xogador de fútbol e actual adestrador albanés. Na actualidade é o adestrador do CD Lemos.
Traxectoria Stroni comezou xogando en equipos albaneses, onde se revelou como un produtivo dianteiro, primeiro no Dinamo Tirana e posteriormente no Apolonia Fier (1990). Nese ano, e durante unha viaxe coa selección sub-21 de Albania a Sevilla, escapou do equipo e solicitou asilo político. As autoridades albanesas non lle deron a carta de liberdade para poder xogar ao fútbol en España, e regresou para xogar dúas tempadas no Apolonia. De aí saltou a fronteira para xogar no Partizan Belgrado serbio en 1992. Mais non tivo moitas oportunidades de ser titular, e rematou a tempada de volta no Dinamo Tirana.
Ao ano seguinte, e despois de probar con outros equipos españois (Leganés, Cádiz, Toledo"Desde Albania con balón"; artigo de Xosé Manuel Pereiro en El País, 25 de xaneiro de 2010), veu xogar a unha SD Compostela que daquela militaba en Segunda e preparaba o ascenso a Primeira, pero por problemas administrativos non chegou a disputar un só partido. Marchou pois cedido ao Club Deportivo Ourense, que tamén estaba naquela altura en Segunda, pero tampouco conseguiu xogar ningún partido neste caso por problemas de disciplina. Como solución, fichou polo Lemos monfortino, onde se converteu nun dos xogadores máis importantes da súa historia: marcou un gol cada dous partidos que disputou, e conseguiu ascender a Terceira.
Despois Stroni iniciou un percorrido por diversos equipos. Primeiro foi á Ponte Ourense, á tempada seguinte á Gimnástica Segoviana, e na seguinte a tres equipos: o portugués Maia e os españois Mérida e Don Benito. En 2001 marchou a Francia a xogar co Angers, pero despois dunha pobre campaña volveu ao Lemos. En Monforte aínda xogou tres tempadas máis, combinando as tarefas de xogador coas de adestrador, e despois dun ano no Lalín, regresou ao Lemos, onde se retirou en 2010.
Na tempada 2010-2011 Stroni foi unicamente o adestrador do Lemos.
Como internacional Stroni xogou para a Albania un total de 35 partidos, contabilizadas todas as categorías, mais só 3 partidos coa selección absoluta.
Palmarés Co Dinamo Tirana: Superliga Albanesa: 1989–90 Copa de Albania: 1988–89, 1989–90 Supercopa de Albania: 1989 Co Partizan de Belgrado: Superliga Serbia: 1992–93
Vida persoal Stroni abriu un concesionario de coches en Ourense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en PlayerHistory Estatísticas en FootballDatabase
Categoría:Futbolistas de Albania Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Klubi Sportiv Dinamo Tirana Categoría:Xogadores do Klubi Sportiv Apolonia Fier Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores do Mérida UD Categoría:Xogadores do CD Lalín Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Albania Categoría:Adestradores de fútbol de Albania Categoría:Adestradores do Club Lemos Categoría:Nados en Fier Categoría:Nados en 1971 Categoría:Xogadores do Ponte Ourense CF Categoría:Xogadores da Gimnástica Segoviana Categoría:Xogadores do FC Maia Categoría:Xogadores do CD Don Benito