Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Baía, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español, que xoga como lateral dereito. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.http://www.elmundodeportivo.es/gen/20100124/53876806597/noticia/dani-alves-el-mejor-lateral-del-mundo.html Actualmente atópase sen equipo tras ser detido de xeito preventivo por un presunto delito de violación, o que provocou a rescisión do seu contrato co Club Universidad Nacional mexicano.
Traxectoria Alves debutou como profesional en 2001 no Esporte Clube Bahia e un ano despois incorporouse ao Sevilla FC que pagou por el 500.000 euros.
A pesar de xogar como lateral, é un xogador de marcado carácter ofensivo, e en ocasións actúa como interior dereito, ademais de ser un lanzador de faltas. Dise del que é un todocampista, pois ata chegou a xogar de mediocentro e ata de dianteiro nun partido que enfrontou ao Sevilla e o Zenit de San Petersburgo en terras rusas.
Daniel Alves debutou de xeito oficial na Liga española o 23 de febreiro de 2003 co Sevilla FC fronte ao RCD Espanyol. Con todo, non marcaría o seu primeiro gol ata a tempada seguinte, o 9 de novembro de 2003 fronte ao Real Madrid. En agosto de 2007, Daniel Alves pediu ao Sevilla que lle deixase marchar e crecer como xogador. Con todo, as altas pretensións económicas do Sevilla frustraron a súa fichaxe polo Chelsea FC da Premier League inglesa,Marca - Alves regresa a Sevilla enfadado o que creou un gran descontento no xogador que chegou ata a negarse a viaxar co equipo a Grecia onde disputaría un partido crucial co AEK Atenas para a súa clasificación na seguinte rolda da Liga de Campións. A pesar diso, quedou outro ano máis na disciplina nervionense, sendo traspasado finalmente ao FC Barcelona.
O 2 de xullo de 2008 foi presentado oficialmente como novo xogador do FC Barcelona ata o ano 2012, nun acto no que o presidente do club azulgrana, Joan Laporta, o definiu como "o mellor lateral dereito do mundo". Os 35,5 millóns de euros do seu traspaso (29,5 millóns fixos máis seis en variables, por clasificación e títulos) convertérono na segunda fichaxe máis cara da historia do club -por detrás de Overmars, e sendo posteriormente superado tamén polo de Ibrahimovic-, sendo o terceiro desembolso máis grande xamais realizado pola contratación dun defensa. No Barcelona comezou usando o número 2. Para a tempada 2013-14 decidiu usar o dorsal 22 coma homenaxe ó seu antigo compañeiro Éric Abidal.Dani Alves lucirá el dorsal '22' como homenaje a Abidal Na tempada 2015-16, decidiu cambiar de novo o seu dorsal, usando desta vez o número 6, deixado por Xavi Hernández, quen deixou o club ó remate da tempada anterior.Todos los dorsales del Barça: Dani Alves hereda el '6' de Xavi
Marcou o seu primeiro gol co FC Barcelona o 25 de outubro de 2008 no Camp Nou fronte á UD Almería.
Selección nacional Foi 119 veces internacional coa selección do Brasil, coa que marcou oito goles. O seu debut produciuse no 2006, nun partido amigable contra Ecuador, e ao ano seguinte disputou a Copa América, proclamándose campión e marcando un dos tres goles do seu equipo na final contra a Arxentina. Durante os seguintes anos gañou dúas Copas Confederacións (2009 e 2013) e participou en dous Mundiais (Suráfrica 2010 e Brasil 2014).
No 2019 gañou a súa segunda Copa América, capitaneando á selección brasileira e derrotando na final ao Perú. Foi elixido mellor xogador do torneo. Dous anos despois formou parte da selección do Brasil nos Xogos Olímpicos de Toquio, conquistando a medalla de ouro ao vencer na final a España.
Palmarés Bahia Copa do Nordeste (1): 2002.
Sevilla Copa do Rei (1): 2006/07. Supercopa de España (1): 2007. Copa da UEFA (2): 2005/06, 2006/07. Supercopa de Europa (1): 2006.
FC Barcelona Primeira división de España (6): 2008/09, 2009/10, 2010/11, 2012/13, 2014/15, 2015/16. Copa do Rei (4): 2008/09, 2011/12, 2014/15, 2015/16. Supercopa de España (4): 2009, 2010, 2011, 2013. Liga de Campións (3): 2008/09, 2010/11, 2014/15. Supercopa de Europa (3): 2009, 2011, 2015. Copa Mundial de Clubs (1): 2009, 2011, 2015.
Juventus Serie A (1): 2016/17. Copa Italia (1): 2016/17.
Paris Saint-Germain Ligue 1 (2): 2017/18, 2018/19. Copa de Francia (1): 2017/18. Copa da Liga de Francia (1): 2017/18. Supercopa de Francia (2): 2017, 2018.
São Paulo Campionato Paulista (1): 2021.
Selección do Brasil Copa América (2): 2007, 2019. Copa Confederacións (2): 2009, 2013.
Selección olímpica do Brasil Medalla de ouro dos Xogos Olímpicos (1): 2020.
Selección do Brasil sub-20 Copa do Mundo de sub-20 (1): 2003.
Distincións individuais
Balón de Bronce da Copa do Mundo sub-20 (1): 2003. Mellor xogador da Copa da UEFA (1): 2005/06. Mellor xogador da Supercopa de Europa (1): 2006. Equipo do ano da UEFA (4): 2007, 2009, 2011, 2015, 2017. Equipo ideal da FIFA/FIFPro (8): 2009, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018.
Mellor defensa da liga española (1): 2008/09. Equipo ideal da Copa Confederacións (1): 2013. Equipo ideal da liga española (1): 2014/15. Once ideal de France Football (1): 2015. Equipo do Ano da Serie A (1): 2016/17. Equipo ideal da IFFHS (1): 2017. Equipo do Ano da Ligue 1 (1): 2017/18. Mellor xogador da Copa América (1): 2019. Equipo ideal da Copa América (1): 2019. Equpo da década da CONMEBOL segundo a IFFHS (1): 2011–2020. Equpo ideal do Campionato Paulista (1): 2020.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Daniel Alves Ficha de Alves na web do FC Barcelona
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados no estado da Baía Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do EC Bahia Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Pumas de la UNAM Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Brasil Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América