Enrique de Lucas Martínez, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 17 de agosto de 1978, é un exfutbolista español que xogaba de centrocampista.
Traxectoria Xogou desde mozo nas categorías inferiores do RCD Espanyol. En 1997 xa formou parte do primeiro equipo. Debutou en Primeira División o 15 de maio de 1998, nun partido entre o Real Valladolid e o RCD Espanyol (0–0). Con este equipo gañou a Copa do Rei 1999–00.
Tras un breve paso en 2001 pola Liga francesa co Paris Saint-Germain FC en calidade de cedido, regresou de novo ao Espanyol. Na tempada 2001–02 conseguiu a súa marca persoal de goles, facendo 7 tantos.
Na tempada 2002–03 xogou co Chelsea FC na Premier League. Na tempada 2003–04 foi contratado polo Deportivo Alavés, equipo co que conseguiu o ascenso á Primeira División na tempada 2004–05.
Na campaña 2007–08 fichou polo Real Murcia. Na súa primeira tempada alí o equipo non conseguiu o obxectivo marcado, a permanencia en Primeira, e ao final da tempada descendeu á Segunda División. Na tempada 2008–09 o equipo rematou no 14º posto.
En agosto de 2009 fichou polo FC Cartagena, no regreso do equipo cartaxinés á Segunda División, co que completa unha excelente tempada marcando once goles e quedando ás portas do ascenso a Primeira División.
O 24 de xuño de 2010, o secretario técnico do Celta de Vigo, confirmou a De Lucas como primeira fichaxe para a tempada 2010–11.
Selección nacional Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa selección sub-15, sub-16, sub-18 e sub-21.
Palmarés Espanyol Copa do Rei: 1999–00
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Web non oficial do xogador Páxina con fotos do xogador
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en L'Hospitalet de Llobregat Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Biggleswade United FC