miniatura|250px|Carricanta. Cos nomes de carricanta, chicharra, cigarra ou cantariña desígnanse colectivamente uns insectos da familia Cicadidae, pertencente á orde Hemiptera. A súa distribución abarca climas temperados e tropicais, en tódolos continentes excepto a Antártida.
Descrición As carricantas miden entre 15 e 65 milímetros de lonxitude. Posúen un longo rostro que lles permite perfora-la casca das árbores e outras plantas para se alimentaren do zume. Tamén se distinguen pola cabeza ancha e os ollos grandes e avultados.
Presentan catro ás transparentes ou translúcidas, as anteriores grandes e moi visibles, e as posteriores máis pequenas ocultas cando non están voando; nas ás mostran numerosas veas e unha serie de puntos negros. Cando están en repouso, as ás adoptan unha posición de tellado sobre o dorso.
Caracterízanse polo canto que emiten os machos para atraeren as femias, un son intenso e monótono, repetido, producido polo chamado aparato estridulario, situado latero-ventralmente no primeiro segmento abdominal e constituído por membranas quitinosas chamadas timbais e sacos con aire que funcionan a modo de caixas de resonancia. Este son non é propiamente unha estridulación. Cada especie emite un son propio característico. Aínda que este son pode ser emitido a calquera hora do día (son especies de hábitos diúrnos), é máis intenso e frecuente ó solpor e ó amencer.
Ciclo biolóxico Presentan un desenvolvemento completo que dura de 2 a 17 anos, segundo a especie, se ben a vida adulta só é de 1-2 semanas, o tempo necesario para se reproduciren.
En liñas xerais, as femias poñen os ovos e morren ó pouco. A posta realízase mediante un oviscapto, co que depositan os ovos baixo a casca, en número de ata 300. As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ó primeiro par de extremidades anteriores, adaptadas á escavación. Nestas galerías subterráneas permanecen durante anos, alimentándose do zume das raíces. Chegado o momento da muda, saen da terra e soben ás árbores, en maio-xuño, onde mudan a imago e logo a exemplares adultos, desenvolvendo as ás e o aparato xenital.
O apareamento ten lugar durante os meses de verán, variando moito segundo a especie e a rexión xeográfica.
Taxonomía A clasificación en subfamilias e tribos é obxecto de discusión entre os entomólogos, atopándose aínda en construción.
A carricanta na cultura popular miniatura|250px|Ilustración das fábulas de La Fontaine. A carricanta e a formiga son os protagonistas dunha afamada fábula atribuída a Esopo que logo foi recreada por La Fontaine e, despois, por Samaniego.
Na literatura oral galega ten moi pouca representación: Manterse do resío coma as chicharras: non comer apenas.
Refraneiro Rincha o faco, braca o boi e coaxa o raloRalo é un dos sinónimos da carricanta, pero tamén designa o verme que roe o cañoto da col. Os dous animais reciben tamén o nome de corta..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Imaxes da metamorfose da carricanta Descrición e fotografías A fábula da carricanta e a formiga www.cicadas-pictures.com
Categoría:Insectos