Madridejos é un concello español da provincia de Toledo, na Comunidade de Castela-A Mancha, bañado polo río Amarguillo.
Xeografía
Demografía Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 10 637 habitantes (11 314 no 2010 e 10 500 no 2000), cifra en continuo descenso dende o ano 2009.
Historia miniatura|Picota de Madridejos. De orixe romana, pasou a mans do conde don Julián e despois ao dominio dos árabes ata que, trala conquista de Toledo por Afonso VIII de Castela, pasou a formar parte das posesións do Priorado de San Juan.Enciclopedia Universal Micronet.
Cultura
Patrimonio miniatura|Ermida do Cristo do Prado (s. XVII). Praza de touros (s. XIX), Ben de Interese Cultural. Rollo jurisdiccional ou picota (s. XVI). Ermida da Caridade (s. XIII). Ermida de S. Antón (s. XVIII). Ermida do Cristo do Prado (s. XVII). Igrexa do Divino Salvador (s. XVI). Igrexa e convento de S. Francisco (s. XVII), que alberga o Museo do azafrán e etnográfico. Ermida de S. Sebastián (s. XVII). Convento de Santa Ana (s. XVII). Ermida de Santa Clara. Casa Grande ou Casa das Cadeas (s. XVIII). Silo do Colorao e silo do Tío Zoquete, vivendas tradicionais subterráneas musealizadas. Muíño do Tio Genaro. Atalaia (s. XI). Edificio Garcilaso de la Vega. Ermida do Santo Cristo del Humilladero (s. XV). Fonte do Cristo (s. XVIII). Casa do concello.
Festas e celebracións miniatura|Ofrenda floral ao Cristo do Prado. San Sebastián, catro ou cinco días desde o 20 de xaneiro. Cristo do Prado, en setembro. Virxe de Valdehierro, o 1 de maio. S. Antón. Patroa de Nosa Señora de Valdehierro, 15 de agosto. Carnavais. Semana Santa.
Economía Madridejos é un centro agrícola, dedicado principalmente á viña e á gandería ovina. Destaca tamén a industria alimentaria de s e s.Enciclopedia Galega Universal.Diccionario enciclopédico galego universal.
Política e goberno O alcalde é, dende o ano 2011, o socialista José Antonio Contreras Nieves.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web do Concello . Deputación de Toledo . Turismo. Castilla-La Mancha .
Categoría:Concellos da provincia de Toledo