A Eurocopa 2016, oficialmente Campionato Europeo de Fútbol da UEFA de 2016 (en francés: Championnat d'Europe de football 2016) ou UEFA EURO 2016, foi a décimo quinta edición do torneo de seleccións nacionais europeas. Celebrouse en Francia entre o 10 de xuño e o 10 de xullo e está organizada pola UEFA. Esta edición do certame foi a primeira que contou con vinte e catro de participantes na fase final, ampliándose desde 16, formato usado desde 1996. Baixo esta nova forma de disputa, a primeira fase estendeuse de 4 a 6 grupos, e os clasificados a segunda fase, de 8 a 16 equipos. O gañador, , participará na súa calidade de campión na Copa Confederacións Rusia 2017. Francia foi elixida sede da competición o 28 de maio de 2010, despois de sobrepoñerse ás postulacións de Italia e Turquía. É a terceira ocasión en que este país alberga o campionato. Anteriormente organizara as edicións primeira en 1960 e sétima en 1984.

Elección do país anfitrión Un día despois da reunión do Comité Executivo da UEFA, realizada o 12 de decembro de 2008 en Nyon, na que se aprobaron as regulacións das candidaturas para a Eurocopa 2016, o ente reitor do fútbol europeo iniciou o proceso de licitación para elixir o país anfitrión coa invitación a calquera das 53 asociacións membro que estivesen interesadas en organizar o torneo. Cinco federacións nacionais fixeron chegar á UEFA 4 ofertas antes da data límite fixada para o 9 de marzo de 2009. Estas foron: Francia, Italia, Turquía e a candidatura conxunta de Noruega e Suecia.

Coñecidas as catro candidaturas a UEFA iniciou a revisión da elixibilidade dos postulantes sobre a base dos requisitos técnicos relativo ás infraestruturas necesarias e á experiencia previa das federacións, cidades e sedes na organización de acontecementos deportivos. Logo, o 3 de abril de 2009, distribuíronse os requisitos e persoais das candidaturas sobre a base dos cales os candidatos elaboraron os expedientes da súa oferta para ser presentados ante a UEFA ata o 15 de febreiro de 2010.

Suecia e Noruega oficializaron a súa candidatura conxunta o 26 de febreiro de 2009, con todo, en decembro do mesmo ano, decidiron retirarse do proceso debido á negativa dos seus gobernos de achegar o diñeiro necesario para financiar as obras de infraestrutura.

Tras a retirada de Suecia e Noruega os tres candidatos restantes, Francia, Italia e Turquía presentaron ante o Comité de Competicións Nacionais de Equipos da UEFA os expedientes das súas candidaturas o 8 de febreiro de 2010 en Nyon (Suíza) e o 15 de febreiro foron oficializadas. Finalmente, seguiu unha etapa de visitas oficiais que se realizaron entre marzo e abril de 2010 na que axentes da UEFA viaxaron a cada un dos países aspirantes para examinar e preparar os informes de avaliación para o Comité de Competicións de Seleccións Nacionais.

A elección realizouse o 28 de maio de 2010 no Espace Hippoméne en Xenebra (Suíza). O mecanismo consistiu en dúas roldas de votación na que os trece membros do Comité Executivo da UEFA que se atopaban aptos para votar (dous representantes de Italia e un de Turquía foron impedidos de votar por ser dos países implicados) elixiron á candidatura gañadora. Os procedementos de votación nas dúas roldas foron da seguinte maneira:

Na primeira rolda os 13 votantes clasificaron ás 3 candidaturas como primeiro, segundo ou terceiro. A denominación de primeiro outorgaba 5 puntos, a denominación de segundo outorgaba 2 puntos e a de terceiro 1 punto. O candidato con menor puntuación foi eliminado. Na segunda rolda os 13 votantes emitiron un voto simple e o candidato que obtivo unha maioría simple gañou a elección. Italia quedou eliminada na primeira rolda ao obter só 23 puntos, mentres que Francia derrotou a Turquía na segunda rolda ao obter 7 votos contra os 6 votos que recibiron os turcos. Desta maneira Francia foi elixida como sede da Eurocopa 2016, sendo a terceira ocasión que organice este torneo.

270px|miniatura|Países candidatos a ser sede da Eurocopa 2016. Candidaturas oficiais para a Eurocopa 2016VotaciónPaísesEurocopas organizadas anteriormentePuntos(1.ª rolda)Votos(2.ª rolda)1960 e 19844371968 e 198023– e Suecia en 1992, Noruega ningunha––Ningunha386Data de elección: 28 de maio de 2010

Requisitos para organizar o torneo A organización conxunta por dúas asociacións membros está autorizada, e en circunstancias excepcionais, a organización do torneo por parte de tres membros tamén pode ser considerado factible. O proceso de licitación iniciouse oficialmente o 11 de decembro de 2008.

A UEFA fixo público o regulamento de requisitos o 11 de decembro de 2008. Para a edición de 2016 necesitábanse nove estadios, xunto a outros tres estadios opcionais.

A suxestión de carácter temporal dos requisitos mínimos dos estadios era a seguinte: 2 estadios con 50.000 localidades / 5 estrelas da UEFA 3 estadios con 40.000 localidades / 4 estrelas da UEFA 4 estadios con 30.000 localidades

Organización Sedes A Federación Francesa de Fútbol (FFF) elixiu dez cidades anfitrioas: Bordeos, Lens, Lille, Lión, Marsella, Niza, París, Saint-Denis, Saint-Étienne e Tolosa. Destas sedes elixidas, case todas (fóra de Lille e Niza) foron sedes da Copa Mundial de Fútbol de 1998 celebrada no país galo.

Saint-Denis París Lión Marsella Villeneuve d'Ascq Stade de FranceCapacidade: 81.338 Parc des PrincesCapacidade: 48.712 Parc Olympique LyonnaisCapacidade: 59.286 Stade VélodromeCapacidade: 67.394 Stade Pierre-MauroyCapacidade: 50.186 200px|Stade de France 200px|Parc des Princes 200px 200px|Stade Vélodrome 200px|Stade Pierre-Mauroy 350px|link= Lens Bordeos Saint-Étienne Tolosa Niza Stade Bollaert-DelelisCapacidade: 38.223 Stade Matmut AtlantiqueCapacidade: 42.115 Stade Geoffroy-GuichardCapacidade: 41.965 Stadium MunicipalCapacidade: 33.150 Allianz RivieraCapacidade: 35.624 200px|Stade Bollaert-Delelis 200px|State Matmut Atlantique 200px|Stade Geoffroy-Guichard 280px|Stadium Municipal 200px|Allianz Riviera

Clasificación

miniatura|300px| A clasificación para a Eurocopa 2016 iniciouse o 7 de setembro de 2014 e culminou o 17 de novembro de 2015, e nela participaron 53 das 54 asociacións nacionais afiliadas á UEFA. Neste proceso clasificatorio a selección de Xibraltar fixo o seu debut en competicións europeas despois da admisión da Asociación de Fútbol de Xibraltar como membro con pleno dereito en maio de 2013 por parte da UEFA. A gran sorpresa deuse coa eliminación da selección de fútbol dos Países Baixos nesta clasificación, acabando na cuarta posición do grupo A, sen posibilidade sequera de acceder á repesca.

O torneo consistiu dunha fase de grupos na que os 53 participantes foron distribuídos en 9 grupos, 8 deles conformados por 6 equipos e un conformado por 5 equipos, os dous primeiros de cada grupo así como o mellor terceiro clasificáronse para a Eurocopa 2016, mentres que os 8 terceiros restantes pasaron a disputar a fase de play-offs de onde saíron os catro últimos clasificados.

Francia clasificouse automaticamente por ser o país anfitrión, con todo disputou partidos amigables contra os 5 equipos que conformaron o grupo I, estes partidos xogáronse nas mesmas datas en que levaron a cabo as xornadas deste grupo.

O sorteo da etapa clasificatoria realizouse no Palais des Congrès Acropolis de Niza (Francia), o 23 de febreiro de 2014.

Equipos clasificados Trece dos dezaseis equipos (incluíndo á anfitrioa Francia) que se participaron na fase final da Euro 2012 volveron clasificarse para esta edición. Entre eles están , que foi o único en facer unha fase de clasificación perfecta con 10 vitorias en 10 encontros; os campións da anterior edición ; e os campións da última Copa do Mundo , para os clases esta foi a súa décima segunda clasficiación consecutiva para o torneo.

Por outra banda, , , e volveron ao torneo tras non participar na edición de 2012, sendo ademais esta a segunda clasificación histórica para os austríacos, que tan só participaran na Euro 2008. Ademais selección de volta ao torneo desde a Euro 2000 que co-organizara e desde a Euro 1972, sendo a súa primeira aparición nun gran torneo desde o Mundial de 1986. Os seguintes son os equipos claficados para o torneo. Na columna de aparicións previas no torneo, o ano en negra indica que o equipo gañou o título ese ano e en cursiva indica que foi o organizador.

Equipo Clasificado como Clasificado oAparicións previas no torneo Grupo I subcampión 0 (debut) Grupo D campión 11 (1972, 1976, 1980, 1984, 1988, 1992, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo G campión 1 (2008) Grupo B campión 4 (1972, 1980, 1984, 2000) Grupo H subcampión 4 (1996, 2004, 2008, 2012) Grupo C subcampión 0 (debut) Grupo C campión 9 (1964, 1980, 1984, 1988, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Anfitrión 8 (1960, 1984, 1992, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo B subcampión 0 (debut) Play-off campión 2 (1964, 1972) Grupo E campión 8B (1968, 1980, 1988, 1992, 1996, 2000, 2004, 2012) Play-off campión 2 (1988, 2012) Grupo F campión 0 (debut) Grupo A subcampión 0 (debut) Grupo H campión 8 (1968, 1980, 1988, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo D subcampión 2 (2008, 2012) Grupo I campión 6 (1984, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo A campión 5B (1996, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo F subcampión 4 (1984, 1996, 2000, 2008) Grupo G subcampión 4 (1996, 2004, 2008, 2012) Play-off campión 5 (1992, 2000, 2004, 2008, 2012) Grupo E subcampión 3 (1996, 2004, 2008) Mellor terceiro 3 (1996, 2000, 2008) Play-off campión 1 (2012)

Resultados Os horarios dos partidos corresponden á hora de Francia (UTC+2). Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado. Fase de grupos Grupo A

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif 7321041+3 5312021+1 3310213−2 1301224−2

Grupo B

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDi6320163+35312032+1431113301301226−4

Grupo C

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif7321030+37321020+233102220 0300305−5

Grupo D

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif7321053+26320152+33310224−21301225−3

Grupo E

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif6320131+26320142+2 4311124−21301213−2

Grupo F

SelecciónPtsPXPGPEPPGFGCDif5312064+25312043+1330304401301214−3

Fase final

Oitavos de final

Cuartos de final

Semifinais

Final

Notas

Véxase tamén Outros artigos Clasificación para a Eurocopa 2016

2016 Categoría:Fútbol en Francia Categoría:Fútbol en 2016