Nigel David Short, nado en Leigh, Lancashire, o 1 de xuño de 1965, é un xadrecista inglésQuen é este pequeno Gran Mestre? . Conseguiu o título de Gran Mestre do xadrez aos 19 anos de idade. É membro da Orde do Imperio Británico e tamén é o segundo mellor xadrecista da historia de Inglaterra, por detrás de Michael AdamsLista de rangos da FIDE na puntuación ELO en xullo 2010.

Perfil básico O seu maior éxito xadrecístico foi xogar polo Campionato do Mundo contra Garri Kasparov en Londres no 1993 despois de eliminar antes a Anatoli Karpov, rompendo así naquel entón un pouco a hexemonía dos xogadores da antiga Unión Soviética.

Outro dos seus logros fantásticos é que xogou contra 12 campións do mundo, gañando a cada un polo menos unha ou máis partidas, os doce campións son os seguintes: Vasili Smyslov, Mikhail Tal, Boris Spassky, Tigran Petrosian, Anatoli Karpov, Garri Kasparov, Alexander Khalifman, Ruslan Ponomariov, Rustam Kasimdzhanov, Viswanathan Anand, Vladimir Kramnik e Veselin Topalov.

Short visitou mediante a súa carreira de Gran Mestre, ata agora, 89 países, segue sendo un xogador moi activo no ámbito internacional e tamén é columnista, adestrador e comentarista.

Traxectoria

Infancia Criouse en Atherton e foi á escola primaria St. Philip. Estudou despois na escola independente Bolton School e no colexio Wigan and Leigh College. Foi membro do club de xadrez Atherton Chess Club, entidade que foi fundada polo seu propio pai, David. Posteriormente foi membro do Bolton Chess Club, club que chegou a rexeitar a Short aos 7 anos de idade por ser demasiado pequenoEmisión na rede da servinghistory.com onde se le que o Bolton Chess Club rexeitou a Short.

De nova promesa a Grande Mestre miniatura|dereita|250px| Partida Short-Benjamin no Mundial de xuvenís en Dortmund no 1980Partida Short-Benjamin polo Mundial xuvenil de Dortmund no 1980. miniatura|esquerda|120px| Short en Dortmund no 1980. miniatura|dereita|220px|Outorgamento de premios no Mundial de xuvenís en Dortmund no 1980, Iván Morovic na parte destra de Garri Kasparov e Nigel Short ollando noutra dirección.

Como nova promesa tivo por primeira vez atención dos medios aos 10 anos de idade, ao derrotar a Viktor Korchnoi nunha exhibición simultáneaPartida Korchnoi-Short nas simultáneas de Korchnoi en Londres 1976. En 1977 converteuse no participante máis novo da historia do Campionato Británico de xadrez para maiores, non para xuvenís, clasificándose 3 días antes de cumprir os 12 anos. Nesa primeira ocasión logrou mesmo gañar ao campión Jonathan PenroseCampionato Británico 1977, partida Short-Penrose. Dous anos máis tarde, aos 14, en Chester en 1979 disputou canda John Nunn e Robert Bellin o título do Campionato Británico, conseguindo no devandito campionato a súa primeira norma de Mestre Internacional. Meses despois logrou o título de Mestre Internacional ao conseguir 8 puntos en 15 partidas no torneo Hastings Premier 1979/80. Converteuse daquela no Mestre Internacional máis novo da historia do xadrez, batendo a plusmarca que mantiña Bobby Fischer dende 1958.

Entre 1980 e 1983 participou en catro Campionatos do Mundo de xuvenís. Obtivo o seu mellor resultado no primeiro de 1980 ao acabar segundo; primeiro foi Garri Kasparov, co que empatou a partida que xogaron entre elesMundial de xuvenís en Dortmund 1980, partida Short-Kasparov. En 1984, á idade de 19, fíxose co título de Grande Mestre, e logrou así ser o Grande Mestre máis novo do mundo.

Candidato a Campión do Mundo Primeiro ciclo No Interzonal de Biel en 1985 fixo a primeira tentativa para xogar o Mundial de xadrez e na historia foi o primeiro británico en ser candidato. Precisou unha prórroga de desempate con John van der Wiel e Eugenio Torre, xa que os tres conseguiran os mesmos puntos. No torneo de candidatos en Montpellier fixo 7 puntos en 15 partidas, sendo décimo e véndose superado polas circunstancias ao ser a súa primeira experiencia nese evento.

Segundo ciclo O segundo intento protagonizouno no próximo ciclo de 1987, cando logrou clasificarse por segunda vez para o torneo de candidatos no Interzonal de Subotica xunto ao seu paisano Jon Speelman. O formato do torneo de candidatos volveuse facer na súa forma tradicional e Short eliminou a Gyula Sax en cinco partidas, gañando 2 e empatando 3, na cidade de Saint John no Canadá, no 1988. Mais no seguinte enfrontamento de candidatos foi eliminado sorprendentemente polo seu compatriota Jon Speelman, en Londres, tamén en 5 partidas, perdendo 2 e empatando 3.

Terceiro ciclo O terceiro asalto foi o definitivo, e a súa vitoria na última partida do Interzonal de Manila de 1990 contra Mikhail GurevichInterzonal de Manila 1990, partida Gurevich-Short permitiulle rematar cuarto, empatado a puntos con Viswanathan Anand por detrás de Vassily Ivanchuk e Boris GelfandTáboa do Interzonal de Manila no 1990. Dese xeito conseguiu clasificarse por terceira vez consecutiva para o torneo de candidatos. Despois dos torneos interzonais houbo unha quenda preliminar con 14 participantesEliminatorias dos candidatos para o Mundial 1993, os candidatos foron emparellados do seguinte xeito: Jan Timman 4½ - Robert Hübner 2½, Viktor Korchnoi 5½ - Gyula Sax 4½, Artur Yusupov 6½ - Sergey Dolmatov 5½, Vassily Ivanchuk 4½ - Leonid Yudasin ½, Nigel Short 5½ - Jon Speelman 4½, Boris Gelfand 5½ - Pedrag Nikolic 4½ e Viswanathan Anand 4½ - Alexei Dreev 1½.

Os sete gañadores clasificáronse para os cuartos de final e Anatoli Karpov, tendo privilexios de vicecampión, non xogou a preliminar. Short encontrouse así co seu verdugo da última edición, o seu compatriota Jon Speelman. O desquite foi un reencontro moi disputado, cada xogador gañou 2 para empataren o resto na serie de 8 partidas. Logo precisouse unha prórroga decisiva con 2 xogos adicionais, na que Short prevaleceu, gañando a última coas negras. Esta quenda aconteceu en Londres no 1991.

+Duelo na quenda preliminar dos candidatos da FIDE en Londres no 1991Partidas por orde 1Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, primeira partida 2Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, segunda partida 3Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, terceira partida 4Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, cuarta partida 5Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, quinta partida 6Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, sexta partida 7Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, sétima partida 8Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, oitava partida 9Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, primeira partida adicional 10Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, segunda partida adicional Total Jon Speelman 0 ½ 1 ½ 1 0 ½ ½ ½ 0 4½ Nigel Short 1 ½ 0 ½ 0 1 ½ ½ ½ 1 5½

Nos cuartos de final en Bruxelas 1991 eliminou a Boris Gelfand en 8 partidas gañando 4, empatando 2 e perdendo outras 2.

+Duelo nos cuartos de finais dos candidatos da FIDE en Bruxelas no 1991Partidas por orde 1Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, primeira partida 2Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, segunda partida 3Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, terceira partida 4Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, cuarta partida 5Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, quinta partida 6Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, sexta partida 7Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, sétima partida 8Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, oitava partida Total Nigel Short 0 1 1 ½ 1 0 ½ 1 5 Boris Gelfand 1 0 0 ½ 0 1 ½ 0 3

Nas semifinais en Linares en 1992 atopouse con Anatoli Karpov, quen xogara polo título ininterrompidamente dende 1978, ou sexa, dende cando Bobby Fischer rexeitara disputalo. Nigel Short acabou gañando a serie de 10 partidas impoñéndose en 4, empatando outras 4 e concedendo 2.

+Duelo das semifinais dos candidatos FIDE en Linares no 1992Partidas por orde 1Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, primeira partida 2Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, segunda partida 3Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, terceira partida 4Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, cuarta partida 5Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, quinta partida 6Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, sexta partida 7Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, sétima partida 8Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, oitava partida 9Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, novena partida 10Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, décima partida Total Anatoli Karpov 1 ½ ½ 0 ½ 0 1 0 ½ 0 4 Nigel Short 0 ½ ½ 1 ½ 1 0 1 ½ 1 6

Kasparov e Karpov xa non volverían xamais a xogar polo título mundial un contra o outro. Nigel conseguiu chegar á final dos candidatos para poder xogar contra o campión do mundo. A final xogouse en San Lorenzo de El Escorial no 1993. Alí estábao esperando o neerlandés Jan Timman, ao que dobregou en 13 partidas gañando 5, igualando 5 e perdendo 3.

+Duelo pola final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial no 1993Partidas por orde 1Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, primeira partida 2Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, segunda partida 3Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, terceira partida 4Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, cuarta partida 5Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, quinta partida 6Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, sexta partida 7Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, sétima partida 8Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, oitava partida 9Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, novena partida 10Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, décima partida 11Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, undécima partida 12Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, duodécima partida 13Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, décimo terceira partida Total Jan Timman ½ 1 0 0 ½ ½ 1 ½ 0 0 1 0 ½ 5½ Nigel Short ½ 0 1 1 ½ ½ 0 ½ 1 1 0 1 ½ 7½

Ruptura coa FIDE A FIDE, co seu presidente filipino, Florencio Campomanes, escolleu Manchester para organizar o Campionato do Mundo. Alí decidiu as cotas dos premios sen reciprocidade con Garri Kasparov e Nigel Short, segundo afirmaron estes dous, co cal o propio presidente da FIDE violou as regras . A autora e Mestra Internacional de xadrez Cathy Forbes escribiu despois no seu libro sobre Nigel Short Quest for the Crown (Cadogan 1993), que a FIDE non se conformou en ningún momento coas ofertas de 1993 para o Campionato do Mundo e que tampouco se recibiron outras por parte destaTexto na servinghistory.com sobre o que escribiu Cathy Forbes.

Creación da PCA

Ao non lle ser posíbel o chegar a un acordo coa FIDE, Garri Kasparov e Nigel Short víronse lexitimados para crearen unha nova organización rival, a PCA Professional Chess Association. Baixo o patrocinio do xornal The Times, escolleron Londres como cidade realizadora onde foi levado a cabo o enfrontamento particular no 1993.

Campionato do Mundo da PCA