O Caudal Deportivo de Mieres é un club de fútbol de España, da cidade de Mieres en Asturias. Foi fundado en 1918 e actualmente xoga na Terceira División RFEF.

Historia O fútbol chegou a Mieres co século XX. En 1914 púidose organizar o primeiro equipo estable, o Sporting de Mieres, que aínda non estaba federado e acabou desaparecendo aos 4 anos. Nese mesmo ano, 1918, xurdiu a súa substitución, esta vez con todos os papeis en regra para a competición rexional, o Racing Club de Mieres. Tras a guerra civil o goberno español prohibe os estranxerismos e o club pasa a denominarse Caudal Deportivo de Mieres o 3 de xaneiro de 1941.

En 1946 o club ascende a Terceira División, e en 1951 a Segunda División, descendendo de volta desde Segunda a Terceira en 1958.

Desde a tempada 1968-69 o Caudal Deportivo atópase no Grupo I da Terceira División ata 1975, cando finaliza penúltimo, 19º lugar, con 22 puntos e descende a Rexional. Tan só unha tempada despois na 1975-76 proclámase campión de Rexional Preferente e ascende novamente a Terceira. Na tempada 1976-77 no Grupo I da Terceira División clasifícase 8º con 39 puntos. Con este posto lógrase clasificar para a recentemente creada categoría de Segunda B.

Na tempada 2009-10 o Caudal consegue quedar campión de liga na Terceira División quedando clasificado para a promoción á Segunda División B, e o 23 de maio de 2010 consuma o seu ascenso ao eliminar ao Jumilla CF.RTPA 23-05-2010 A tempada seguinte volta á Terceira División. Ese mesmo ano volve proclamarse campión e, o 27 de maio de 2012, o Caudal gaña por 3-0 ao Yeclano Deportivo e volta a Segunda B.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

O Caudal Deportivo xoga os seus partidos como local no estadio Hermanos Antuña, con capacidade para 7.500 persoas aproximadamente.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 7 Tempadas en 2ªB: 12 (Incluída a 2013/14) Tempadas en 3ª: 47

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1946/473ª8º1947/483ª5º1948/493ª9º1949/503ª1º1950/513ª2º 10px 1951/522ª8º1952/532ª10º1953/542ª12º1954/552ª13º1955/562ª4º1956/572ª11º1957/582ª15º 10px1958/593ª2º1959/603ª1º1960/613ª6º1961/623ª3º1962/633ª1º TempadaCategoríaPosto1963/643ª1º1964/653ª3º1965/663ª3º1966/673ª2º1967/683ª5º1968/693ª17º1969/703ª4º1970/713ª11º1971/723ª12º1972/733ª10º1973/743ª16º1974/753ª19º 10px1975/76Rexional— 10px1976/773ª8º 10px 1977/782ªB16º1978/792ªB20º 10px1979/803ª3º TempadaCategoríaPosto1980/813ª3º1981/823ª12º1982/833ª8º1983/843ª1º1984/853ª8º1985/863ª2º1986/873ª1º 10px 1987/882ªB18º 10px1988/893ª3º1989/903ª4º1990/913ª1º1991/923ª2º1992/933ª2º1993/943ª1º1994/953ª1º1995/963ª4º1996/973ª3º 10px TempadaCategoríaPosto1997/982ªB15º1998/992ªB16º1999/002ªB14º2000/012ªB9º2001/022ªB19º 10px2002/033ª1º 10px 2003/042ªB19º 10px2004/053ª7º2005/063ª5º2006/073ª1º2007/083ª7º2008/093ª7º2009/103ª1º 10px 2010/112ªB16º 10px 2011/123ª1º 10px 2012/132ªB4º2013/142ªB

Xogadores destacados Alvarito Andrés Capi Pelayo Cidón Manuel David Paco Fernández Rafa Gómez Esteban Gutiérrez David Lago José Antonio Quiroga

Palmarés Terceira División de España (14) Subcampión da Terceira División (5) Copa RFEF (Fase Asturias) (3): 1995, 1998, 2005

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Caudal Deportivo en mas.lne.es

Categoría:Equipos de fútbol de Asturias Caudal Deportivo Categoría:Mieres, Asturias