Joaquín Pesqueira Quiroga, nado en Pontevedra e finado en Vigo pouco antes de 1957, foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Eduardo Pesqueira Cotón, profesor da Normal de Pontevedra finado o 6 de marzo de 1894,El Magisterio Gallego, 15-3-1894, p. 2. e Cándida Quiroga. Mestre, foi nomeado profesor auxiliar interino da Normal de Pontevedra en xuño de 1906,El Noticiero Gallego, 25-6-1906, p. 2. e colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso e foi correspondente de Noticiero de Vigo en Pontevedra.Noticiero de Vigo, 1-5-1906, p. 3. Emigrou a Buenos Aires en 1908, onde foi xefe de redacción de La Iberia dende finais de 1908,El Progreso, 3-1-1909, p. 2. e despois dirixiu a revista Suevia, publicada nesa cidade en 1913 e 1916. Na revista utilizou, durante a primeira época (1913), o pseudónimo de Conde de Cela, pero utilizou o seu nome nos textos que escribiu na segunda (1916). Foi redactor de La Voz de Galicia e cando en marzo de 1915 viaxou a Galicia o director Francisco Álvarez de Nóvoa, fíxose cargo da dirección.La Voz de Galicia, 25-3-1915, p. 1. En 1915 dirixiu a Revista Mensual de la Asociación Española de Socorros Mutuos. Ademais do seu labor como director e asiduo colaborador en Suevia, tamén publicou diversos artigos nas revistas bonaerenses Acción Gallega (órgano de difusión da Casa de Galicia de Buenos Aires), no Almanaque Gallego, Correo de Galicia ou La Nación; en Galicia Nueva (Montevideo), no Boletín do Centro Gallego de Avellaneda (Arxentina) e en Vida Gallega. Dirixiu en Buenos Aires o semanario Galicia xunto con Manuel Lustres Rivas en 1924.

Da súa vida sábese moi pouco, agás que embarcou para Galicia o 11 de xullo de 1924.Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, xullo 1924, p. 10 En Vigo foi correspondente de La Nación e presidente da Asociación da Prensa de Vigo entre 1925 e 1927. Tamén colaborou en Faro de Vigo, El Eco de Santiago, El Pueblo Gallego e Eco de Galicia. Alberto Vilanova di que sufriu en Vigo "un sonoro fracaso social" do que non explica máis. Despois da guerra publicou algunhas colaboracións en Finisterre, Cartel, Spes e Litoral de Pontevedra.

Foi correspondente da Real Academia Galega.

Obras Y vivió su vida, 1913. Historia de la Asociación Española de Socorros Mutuos de Buenos Aires, 1919.

Vida persoal

Casou en Buenos Aires con Aurora Mariscal, filla do facendado chileno Daniel Mariscal de Ozol, o 15 de maio de 1912.Nova Galicia, 18-2-1912, p. 2. Volveu casar en Buenos Aires con María Aguiar o 23 de abril de 1916 nunha cerimonia oficiada por Alejandro Miguéns,Nova Galicia, 2-5-1916, p. 3. e foi pai de Joaquín e María Pesqueira Aguiar. Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Luís: "Estudio introdutorio" a Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista) (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), ed. facsímile do CIRP, Santiago de Compostela, 2007. Toma a información de VILANOVA, Alberto: Los gallegos en la Argentina, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1966.

Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido