O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán: Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España da cidade de Palma, nas Illas Baleares. Foi fundado en 1920 e actualmente xoga na Primeira Federación.
Historia Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1920), un equipo formado polos traballadores da compañía Isleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En 1920 o Mècanic FC fusiónase co Mallorca FC para formar o Baleares Futbol Club.
O 27 de maio de 1942 naceu o actual Atlético Baleares a partir da absorción do Athletic Futbol Club (creado en 1922) por Baleares FC, con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en 1951 ascendeu a Segunda División. Nesa categoría estivo desde 1951 ata 1953, e tras descender volveu xogala de 1961 ata 1963.
O equipo descendeu a Terceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano 2005, cando baixou á Rexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou a Segunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 ao SD Gernika Club. Tras descender a Terceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogou en Segunda B a tempada 2010-11 logo de gañar ao CD Tudelano no play-off de ascenso.
A tempada 2011-12 marcouse o obxectivo de clasificarse entre os catro primeiros para xogar a promoción. Logo dunha brillante liga regular, o Atlético Baleares proclamouse campión do grupo 3 e disputou o playoff contra o Mirandés, co ascenso directo en xogo. O equipo non superou a eliminatoria (1-0 en Miranda e 1-2 no Estadio Balear) e viuse abocado a xogar as eliminatorias de repesca para o ascenso. Tocoulle o Lugo, ao cal tampouco puido superar (3-1 en Lugo e 0-0 no Estadio Balear).
Palmarés
Tempadas Tempadas en Segunda División (4): 1951-52, 1952-53, 1961-62 e 1962-63 Tempadas en Segunda División B (11): 1977-78, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 2008-09, 2010-11, 2011-12, 2012-13, 2013-14, 2014-15 e 2015-16 Tempadas en Terceira División (53): 1943 a 1951, 1953 a 1961, 1963 a 1973, 1975 a 1977, 1978 a 1981, 1984 a 1987, 1990 a 2005, 2006 a 2008 e 2009-10 Tempadas en Rexional Preferente (8): 1940 a 1943, 1973-74, 1974-75, 1981-82, 1982-83 e 2005-06
Títulos Campionatos da Segunda División B (1): 2012 Campionatos da Terceira División (11): 1951, 1956, 1961, 1965, 1968, 1998, 2000, 2001, 2002, 2008 e 2010 Subcampionatos da Terceira División (10): 1957, 1958, 1960, 1964, 1966, 1986, 1987, 1994, 1995 e 1997 Campionatos da Rexional Preferente (3): 1975, 1983 e 2006 Trofeos Nicolás Brondo (24): 1966, 1967, 1970, 1974, 1975, 1977, 1979, 1980, 1987, 1989, 1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015
Clasificaciones na Liga 1940-41: 1ª Rexional (6º) 1941-42: 1ª Rexional (3º) 1942-43: 1ª Rexional (2º) 1943-44: 3ª División (8º) 1944-45: 3ª División (7º) 1945-46: 3ª División (3º) 1946-47: 3ª División (3º) 1947-48: 3ª División (7º) 1948-49: 3ª División (9º) 1949-50: 3ª División (7º) 1950-51: 3ª División (1º) 1951-52: 2ª División (10º) 1952-53: 2ª División (14º) 1953-54: 3ª División (7º) 1954-55: 3ª División (5º) 1955-56: 3ª División (1º) 1956-57: 3ª División (2º) 1957-58: 3ª División (2º) 1958-59: 3ª División (3º) 1959-60: 3ª División (2º) 1960-61: 3ª División (1º) 1961-62: 2ª División (10º) 1962-63: 2ª División (14º) 1963-64: 3ª División (2º) 1964-65: 3ª División (1º) 1965-66: 3ª División (2º) 1966-67: 3ª División (3º) 1967-68: 3ª División (1º) 1968-69: 3ª División (5º) 1969-70: 3ª División (8º) 1970-71: 3ª División (17º) 1971-72: 3ª División (10º) 1972-73: 3ª División (19º) 1973-74: Rexional Preferente (3º) 1974-75: Rexional Preferente (1º) 1975-76: 3ª División (15º) 1976-77: 3ª División (6º) 1977-78: 2ª División B (20º) 1978-79: 3ª División (17º) 1979-80: 3ª División (13º) 1980-81: 3ª División (19º) 1981-82: Rexional Preferente (3º) 1982-83: Rexional Preferente (1º) 1983-84: 3ª División (4º) 1984-85: 3ª División (3º) 1985-86: 3ª División (2º) 1986-87: 3ª División (2º) 1987-88: 2ª División B (12º) 1988-89: 2ª División B (6º) 1989-90: 2ª División B (20º) 1990-91: 3ª División (3º) 1991-92: 3ª División (3º) 1992-93: 3ª División (8º) 1993-94: 3ª División (2º) 1994-95: 3ª División (2º) 1995-96: 3ª División (3º) 1996-97: 3ª División (2º) 1997-98: 3ª División (1º) 1998-99: 3ª División (4º) 1999-00: 3ª División (1º) 2000-01: 3ª División (1º) 2001-02: 3ª División (1º) 2002-03: 3ª División (8º) 2003-04: 3ª División (9º) 2004-05: 3ª División (19º) 2005-06: Rexional Preferente (1º) 2006-07: 3ª División (6º) 2007-08: 3ª División (1º) 2008-09: 2ª División B (20º) 2009-10: 3ª División (1º) 2010-11: 2ª División B (13º) 2011-12: 2ª División B (1º) 2012-13: 2ª División B (11º) 2013-14: 2ª División B (5º) 2014-15: 2ª División B (12º) 2015-16: 2ª División B (9º) 2016-17: 2ª División B
Estadio O Estadio Balear, inaugurado en 8 de maio de 1960 atópase na localidade de Palma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.
Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.
Primeiro equipo tempada 2011-12 Xogadores
Corpo técnico
Adestrador: 20px Francesc "Chichi" Soler Atencia Segundo adestrador: 20px Ángel Sánchez García, "Layos" Adestrador porteiros: 20px Toni Amengual Miralles Preparador físico: 20px Pau Albertí Cabot Médico: 20px Martí Cladera Cifre Fisioterapeuta: Eduard Nicuesa Batlle Preparador físico: 20px Tere Arrom Pascual Delegados: 20px Pepe Gómez Sabidó, 20px Miquel Garau Orell Utilleros: 20px Jeroni Tegla Medina, 20px Vicenç Barceló, 20px Joan Mascaró Font
Véxase tamén Bibliografía AAVV: Gran Enciclopèdia de Mallorca. 19 Vol. Palma: Promomallorca edicions, 1988-91. ISBN 84-86617-02-2 Fábregas y Cuxart, Luis: Ca Nostra. 50 años de vida palmesana. Palma: Edicions Cort, 2007 (1965). ISBN 84-7535-595-5 Salas Fuster, Antoni: L'Atlètic Baleares. Una història de supervivència. Palma: Ingrama SA (impr.), 2009. ISBN 84-85932-78-1
Ligazóns externas Sitio web oficial