A Eliteserien é a máxima competición de clubs profesionais de fútbol en Noruega.
A liga norueguesa recibiu varias denominacións: Norgesserien (1937-1948), Hovedserien (1948-1962), 1. divisjon (1963-1989), Tippeligaen (1990-2017) e finalmente Eliteserien.
A Eliteserien é a mellor liga de Escandinavia, segundo a clasificación da UEFA.
Sistema de competición A competición comeza en marzo e termina en novembro. Son 16 os equipos que participan cada ano, enfrontándose todos contra todos en dúas ocasións, cada unha no campo de cada equipo. Unha vitoria nun partido prémiase con tres puntos, e un empate cun.
O campión da Eliteserien, clasifícase para a segunda fase previa da Liga de Campións da UEFA, e o segundo e terceiro para a UEFA Europa League. O campión da Copa de Noruega tamén se clasifica, ou o subcampión no caso de que o campión xa estea clasificado a devanditas copas. Ademais os catro mellores equipos clasifican a Royal League de Escandinavia.
Equipos participantes 2012 ClubCidade Aalesunds FK Ålesund SK Brann Bergen Fredrikstad FK Fredrikstad FK Haugesund Haugesund Hønefoss BK Hønefoss Lillestrøm SK Lillestrøm Molde FK Molde Odd Grenland BK Skien Rosenborg BK Trondheim Sandnes Ulf Sandnes Sogndal Fotball Sogndal Stabæk IF Bærum Strømsgodset IF Drammen Tromsø IL Tromsø Viking FK Stavanger Vålerenga IF Oslo
Palmarés Club Títulos Rosenborg BK22 Fredrikstad FK9 Viking FK8 Lillestrøm FK5 Vålerenga IF5 Larvik Turn3 SK Brann3 FC Lyn Oslo2 IK Start2 IF Fram Larvik1 SK Freidig1 Moss FK1 Skeid Football1 Strømsgodset IF1 Stabæk IF1 Molde FK1
Ligazóns externas Sitio web da Football Association of Norway
Categoría:Eliteserien