miniatura|Polbo á feira con viño e pan de Ousá. O pan de Ousá é un pan húmido e compacto feito con fariña do país, ten forma de bolo cun corte transversal característico e unha cor escura. Tradicionalmente facíase nas casas da parroquia de Ousá, en Friol (comarca de Lugo), con fariña do país e vendíase nas feiras unha vez ao mes. Aínda a día de hoxe se elabora con fariñas galegas obtidas de cultivos da zona ou próximos á mesma. A fermentación da masa acádase cunha lévedo artesanal, a masa nai, coñecida na zona como requentoVarios autores, Apéndice ó Diccionario de Eladio Rodríguez (1961)..
Notas
Categoría:Pans de Galicia Categoría:Friol