A lusofonía, ou mundo lusófono, abrangue a comunidade global de nacións, territorios e poboacións onde o portugués é lingua oficial ou se fala maioritariamente, unidas polos legados lingüísticos, históricos e culturais das expansivas exploracións marítimas do Imperio Portugués entre os séculos XV e XIX. Esta comunidade está representada formalmente pola Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), unha organización internacional fundada en 1996 en Lisboa co obxectivo de fortalecer a cooperación política, económica e cultural entre os seus membros, sendo o portugués unha pedra angular da súa identidade compartida.
Cuestións xerais A lusofonía é unha entidade en expansión que ocupa importantes espazos arredor do mundo e que engloba máis de douscentos cincuenta millóns de falantes de portugués distribuídos polos cinco continentesEsta cifra de douscentos cincuenta millóns de falantes é unha referencia xeral e simplificada. Así, non todos os habitantes do espazo que abranxe a CPLP “dominam e falam português e têm a visão de que se passou, de facto, duma relação com base em regras coloniais para relações de igualdade de capacidades” [PINTO, José Filipe (2005: 363), Do Império Colonial à Comunidade dos Países de Língua Portuguesa: Continuidades e Descontinuidades, Lisboa: Colecção Biblioteca Diplomática do Ministério dos Negócios Estrangeiros – Série D]., agrupados en Estados-Nación, nacións sen Estado, numerosas diásporas, colectivos educativos, políticos, científicos, empresariais e individuos particulares.Evans, J., K, B. (2007), “Fundamentos para um sistema comunicacional lusófono” in Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona 2007. Os media do espaço lusófono: pp. 18-19.
Estes espazos lusófonos están ligados polo feito de compartiren a lingua portuguesa, e están articulados en organizacións que buscan potenciar a relación e a comunicación entre os territorios e comunidades que forman parte deste intersistema en que as interrelacións se dividen en diferentes subconxuntos: por unha parte, a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), por outro, as relacións bilaterais entre Portugal, Brasil e os PALOP, e, por último, as relacións entre os diferentes colectivos e comunidades en cuestión De Jesus Pereira, S.M., op.cit. p.29. (véxase epígrafe 4).
Na actualidade, son oito os estados que adoptaron a lingua portuguesa como materna ou oficial: Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste. Ademais, tamén acostuman incluírse na lusofonía outros enclaves onde se fala ou se falou portugués, nas súas diversas variantes, como é o caso de Ajudá, Aruba, Balí, Battcaloa, Bonaire, Casamansa, Chaul, Coromandel, Cucaçau, Damão, Diu, Fort Cochim, Galiza, Goa, Ilha de Ano Bom, Java, Jehove, Korlai, Kuala-Lumpur, Mahé, Macau, Mangalor, Penang, Puttalan, Suriname, Tapin, Tellicherry e Vaipim Cristóvão, F. (2005), ‘Lusofonia’ in Cristóvão, Fernando (dir.) Dicionário Temático da Lusofonia, Lisboa:Texto Editores, p. 654..
A dispersión e a complicada rede de relacións que se cruzan entre estes territorios, comunidades e colectivos levan a dotar a lusofonía dunha evidente heteroxeneidade.Lindeza Diogo, A.A. (1988), “Lusofonía” in A Lusofonía, Unificaçao Ortográfica e Política Lingüístico Cultural. Temas de O Ensino, nº 14-20, Pontevedra-Braga: pp. 91-98. En efecto, os espazos lusófonos albergan realidades radicalmente distintas unhas das outras e maniféstanse como un universo de desigualdades sociais, económicas, culturais e demográficas . Así, son realidades socio-culturais ligadas polo idioma común, irmandadas por tradicións, usos e costumes integrados en expresións culturais propias e diferenciadas, aproximadas por afectos, lealdades e sentimentos de pertenza de diferente tipo e grao Marques dos Santos, V. (2005), “Portugal, a CPLP e a Lusofonia. Reflexões sobre a Dimensão Cultural da Política Externa” in Negócios Estrangeiros, 8, pp. 71-91..
Orixe e antecedentes
upright=2|miniatura|A lingua portuguesa no mundo:
Na reconstrución dos antecedentes deste concepto como unha utopía de Quinto Imperio, arquetipo mítico da lusofonía, António Vieira imaxinou un imperio de carácter relixioso e universal, tal como o describiu nos Sermões, História do Futuro, Clavis Prophetarum. Tamén Fernando Pessoa conxuga máis tarde o soño utópico cun proxecto dunha cultura de lingua portuguesa, en Mensagem, no Livro do Desassossego e noutros textos que deixou inéditos. Para el, a lingua portuguesa sería o cimento da unión de varios pobos, e ese é o sentido do seu “atlantismo”.Ciberdúvidas da Língua Portuguesa, (s.d), “Os três círculos da lusofonia” [Consultado o 15/11/2014]. O primeiro paso, por tanto, na consolidación e afirmación dos espazos lusófonos vén da man da lingua portuguesa, denominador común e trazo de unión de territorios e comunidades con vínculos históricos, esa lingua común que Pessoa mesmo recoñece como patria.
En termos concretos, é no Brasil, en 1902, cando xorde o primeiro proxecto que dá corpo aos soños de Vieira e Pessoa. Nunha conferencia proferida no Río de Xaneiro, o historiador e filósofo Sílvio Romero, inspirado no exemplo inglés, propón a constitución dun modelo de unión entre os falantes de lingua portuguesa. Así, suxire a organización dun bloque lingüístico formado polo Brasil, Portugal e as súas colonias, de forma semellante ao que se facía no dominio inglés Observatorio da Lingua Portuguesa, (s.d.), “Geopolítica da Língua”. Dispoñible en http://observatorio-lp.sapo.pt/pt/geopolitica/reflexoes/geopolitica-da-lingua-1 . [Consultado o 15/11/2014]., un bloque que fixese fronte aos intentos de recolonización de diversas potencias hexemónicas de Europa Central ou ideadas a partir da Conferencia de Berlín de 1884. Debido á situación político-cultural do Brasil no comezo do século XX, o proxecto de Sílvio Romero non foi levado adiante. Non obstante, foi retomado en 1989 polo lingüista brasileiro Sílvio Elia, que, tendo en conta os novos países e antigas colonias que adoptaron o portugués como lingua oficial, construíu, imitando o arquetípico de Romania e da súa constelación de países románicos, o concepto de Lusitânia,Ciberdúvidas da Língua Portuguesa, op.cit.. creando un mapa do grande espazo lingüístico-cultural coa seguinte forma: Lusitânia Antiga (Portugal), Lusitânia Nova (Brasil), Lusitânia Novísima (países africanos lusófonos, aos que engadiríamos agora Timor), Lusitânia Perdida (antigos territorios como Goa e Macau) e Lusitânia Dispersa (comunidades migrantes espalladas polo mundo).
Pola súa parte, Agostinho da Silva desmonta o imperio como imaxe de dominio dun emperador e dunha cidade capital e propón unha comunidade, a lusofonía, de natureza e evocación ecuménicaObservatorio da Lingua Portuguesa, op.cit... Este imperio caracterizaríase pola construción dunha nova sociedade baseada na inocencia, onde os nenos serían modelo, onde os bens se repartirían e onde a liberdade acabaría con todas as prisións.
Este mito do Quinto Imperio e unha visión ecuménica do mundo atópase tradicionalmente asociada á lusitanidade ou portugalidade, con raíces seculares, e maniféstase no feito de existir un certo consenso arredor da aceptación do carácter humanista e universal da cultura portuguesaGraça, P. B. (1992), “A Informação Cultural de Portugal (Introdução ao seu estudo no contexto lusófono e internacional” in Estratégia, Vol IV, Lisboa, ISCSP – UTL..
Tamén Celso Cunha puxo en evidencia a unidade da lingua, en harmonía coas súas variantes, servíndose dunha metáfora de unificación: “A capital da lingua portuguesa estará onde estea o meridiano da cultura”Cunha, C. (1964), Uma Política do Idioma, Rio, São José, p. 3..
Serán moitos os lingüistas, personaxes da cultura e responsábeis políticos os que aproben o proxecto da lusofonía. É o caso, por exemplo, de Amílcar Cabral, Agostinho Neto, Samora Machel e outros xefes de Estado que, tras a independencia, optaron por adoptar como lingua oficial o portugués, sen prexuízo de teren en consideración as súas linguas maternas como linguas nacionais. Neste sentido, é pertinente citar o profesor Pedro Borges Graça, que afirma que a lingua portuguesa é “o cimento da construción nacional dos países africanos lusófonos; o principal elemento de ligazón coa modernidade”Graça, P. B. (1997) “Fundamentos Culturais do Países Africanos Lusófonos” in Africana, 18, p. 78..
Representacións, discusións e fixación do concepto
Discusión do concepto e alternativas
O concepto de lusofonía repousa sobre o significado dos dous elementos que compoñen esta palabra: luso, que equivale a ‘lusitano’ ou ’Lusitânia’, ou sexa, a ‘portugués’, ‘Portugal’, e fonía, elemento procedente do verbo grego foneo, que significa ‘fala, lingua’Cristóvão, F. op.cit..p. 652..
Dende unha perspectiva pos-colonialista, o termo lusofonía causa un certo incomodo, na medida en que o primeiro dos seus compoñentes, luso, supón unha visión centralizadora da historia de Portugal. Porén, o campo da lusofonía é moito máis alargado e nel converxen diferentes territorios, comunidades e culturasDe Jesus Pereira, S.M., op.cit..p.23..
Cómpre salientar, ademais, que os conceptos de lusofonía e comunidade lusófona son frecuentemente utilizados como sinónimos. O termo comunidade significa o estado do que é común, identidade, cohesión, polo que, nese sentido, o seu emprego proxecta unha imaxe de integración cultural, podendo asociarse, tal como se verá á fronte, ao concepto de lusotropicalismo e integrar a africanidade, a brasilidade e a lusitanidadeDe Jesus Pereira, S.M., op.cit..p.21..
En moitas ocasións, a falta de nitidez deste conceptoAntunes Soares, F.M. (1990), “Lusofonía” in Nós, nº 19-28. Pontevedra-Braga: pp. 41-43., fai que a súa interpretación poida abranguer dende unha visión estreita, ligada unicamente á lingua – de feito, o goberno da República Portuguesa afirma que este termo se usa xenericamente para designar o conxunto das comunidades de lingua portuguesa no mundoGoverno da República Portuguesa (2014), “Lusofonía”. Dispoñible en: http://www.portugal .gov.pt [Consultado o 24/11/2014]–, até unha perspectiva máis ampla, no terreo cultural.
A dimensión cultural da lusofonía contempla dúas vertentes esenciais: a partición dunha lingua común e a mestizaxe de tradición e cultura. Así, trátase dunha área cultural de influencia baseada nunha lingua, mais que transcende a cuestión lingüística, mobilizando os pobos, os seus gobernos, as organizacións non gobernamentais e a sociedade civilDe Jesus Pereira, S.M., op.cit..p.23.. Así, segundo Graça, a definición de lufosonía extravasa “o domínio puramente linguístico, sem contudo, definir uma situação dinâmica e consciente da integração da africanidade, da brasilidade e da lusitanidade".Graça, P. B. (1992), op.cit.., p.219.
Para María Sousa, a escolla do termo lusofonía non fai que outras alternativas teñan menos valor, pero si atopa nel un punto de partida para a comunicación, para a solidariedade, para reforzar o compartido entre os falantes do portuguésSousa, M. (2012), Conceito de Lusofonía. CI-CPRI, AI, 16: p. 18..
Entre os autores opostos ao uso do termo lusofonía, cómpre citar a José Eduardo Agualusa, que o atopa reducionista, centrado unicamente en PortugalAgualusa, J.E. (2004), Entrevista com José Eduardo Agualusa, 26 de Julho. Disponible en: http://www.polzonoff.com.br/entrevista-com-jose-duardo-agualusa.htm [Consultado o 1/12/2014].
Na actualidade, o termo lusofonía obedece aos principios de globalización e interdisciplinariedade dentro dunha identidade comunitaria.
Algunhas denominacións alternativas á de lusofonía son as seguintes: