miniatura|dereita|Placa de homenaxe a Alonso Ríos, que exerceu de maneira provisoria e simbólica como presidente de Galiza.

A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.

Acontecementos Unha primeira proclamación tivo lugar en Ourense na madrugada do 25 de xuño de 1931, ao remate dunha manifestación en protesta pola paralización das obras da vía férrea A Coruña-Ourense-Zamora, na que se acabou ocupando a Casa do Concello, dende a cal se ergueu unha bandeira de Galicia e se proclamou publicamente a República Galega. Así a todo, o gobernador civil da provincia de Ourense e o Ministro da Gobernación Miguel Maura negaron oficialmente ante a prensa que se producise a devandita proclamación.

Proclamación en Santiago

O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarrilCando Galicia foi unha república independente, artigo de Lois Pérez Leira publicado o 27 de xuño de 2016 en Historiadegalicia.gal., deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia como unha proclama sen efectos reais.

Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega.Xornal Pueblo Gallego (28-06-1931), p. 4. Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.

Movemento social Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara ao Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o Estado Galego. En Pobra de Seabra celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara ao casa consistorial, onde izaron a bandeira galega. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurrección das demais comarcas, pero o goberno central retomou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandise. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así ao seu fin.Lo que no te contaron en clase: I República Galega

Notas

Véxase tamén

Bibliografía VV.AA. (2010): República Galega: umha aproximaçom histórica. A.C. Lucerna / A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos / A.C. Foucelhas / A Gentalha do Pichel / GalizaLivre.org / Escola Popular Galega / Editorial Corsárias.

Outros artigos Alonso Ríos II República Española Independentismo Independentismo galego República Soviética Independente de Galicia República Federal da Illa de Arousa República Independente de Donís

Ligazóns externas

A proclamación da República Galega en xuño de 1931. - FesgaTV Artigo en El Pueblo Gallego, dixitalizado en Galiciana: xornal do 28 de xulo de 1931 (páxina 4). 79 anos despois , artigo aparecido no xornal Galicia Hoxe o 20 de xuño de 2010. 27 de xuño de 1931: Proclámase a República Galega, Vieiros, 22 de xuño de 2010. Unas horas de República Gallega no xornal El País o 27 de xuño de 2010. Web dedicado á historia e actualidade da República Galega A República Galega: unha historia non oficial, documental de Lois Pérez Leira (2010).

Categoría:1931 en Galicia Categoría:Independentismo galego Categoría:Política de Galicia Categoría:Repúblicas desaparecidas