Pedro Campos Couceiro, nado en Meavía (Forcarei) en 1871 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de José Campos López. Emigrou a Arxentina en 1887 e aínda que retornou en 1895 só por uns meses, instalouse definitivamente en San Juan onde casou e tivo doce fillos.

En 1921, xa viúvo, trasladouse a Bos Aires, e participou na creación da sociedade dos emigrantes da Terra de Montes, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922. A Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, na parroquia de Quintillán, inaugurando en 1928. Pedro Campos e Manuel Pichel foron os directores de Umia y Lérez a publicación mensual da Sociedade, que apareceu en 1923.

Asociouse ao Centro Galego e coa Sociedade de Forcarei, integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (FSG), sendo elixido para a súa Executiva, e colaborou no seu órgano El Despertar Gallego. Afiliado a Sociedade Nazonalista Pondal, en 1930 apareceron en A Fouce algúns escritos seus.

Proclamada a República, a FSG enviouno a Galicia como representante da emigración con Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Chegou a Galicia a finais de maio de 1931. Participou, con Alonso Ríos, na efémera proclamación da Primeira República Galega. Regresou a Arxentina en novembro dese ano."Ha regresado don Pedro Campos Couceiro", Galicia, 22-11-1931, p. 3. Colaborou en Galicia e Raza Celta, Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo.

En 1939 promoveu unha campaña entre as entidades galegas da Arxentina, para que se dirixiran ás casas anunciadoras pedíndolles que non contrataran artistas para ridiculizar aos galegos.

A Irmandade Galega de Bos Aires rendíulle unha homenxe o 28 de novembro de 1953.Opinión Gallega, 143, agosto 1953, p. 2. Finou no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954.Opinión Gallega, 147, xaneiro 1954, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes