Manuel Bermúdez Couso, nado na Pobra de Trives o 11 de novembro de 1924 e finado na mesma vila o 20 de abril de 2010, foi un mestre, político e dirixente ourensán.
Traxectoria Mestre de profesión, alternou a súa carreira docente coa política. Comezou de docente dando clase en 1951 en Ourense, e despois pasou á escola de formación do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, con sede en Ourense, onde foi catedrático de matemáticas e logo, na década dos setenta, director. Posteriormente, traballou como inspector de ensino en Madrid. Tamén foi director da Escola de Comercio dependente da Deputación de Ourense.
En política, durante o franquismo foi deputado provincial na década dos sesenta e setenta, e xa na democracia, ingresou en Centristas de Galicia. Foi ademais nomeado vicepresidente de Caixa Ourense, e ocupou a presidencia da entidade á morte do presidente David Ferrer en 1998. Neste cargo de presidente dirixiu a fusión con Caixavigo en 1999 e polo tanto a desaparición da entidade independente, mais continuou no consello de administración da nova entidade, a partir de 2000 denominada Caixanova. Finou na Pobra de Trives o 20 de abril de 2010.Fallece a los 85 años Manuel Bermúdez, el último presidente de Caixa Ourense Recoñecementos
O CEIP da Pobra de Trives leva o seu nome.CEIP Manuel Bermúdez Couso. Notas
Vñexase tamén Ligazóns externas
O meu cole chámase... Manuel Bermúdez Couso
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia
Categoría:Nados na Pobra de Trives
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes