A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Xosé Manuel Soutullo.
Descrición Esta colección foi iniciada na época de estudante de Fermín Penzol, cando militou no movemento nacionalista na Mocidade Céltiga e coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. O fondo inicial da fundación, que consistiu en 7 751 libros, 6 012 folletos e moitas revistas periódicas, manuscritos e documentos,Fundación Penzol: presentación foise ampliando e agora ten unha das maiores coleccións de folletos, máis de 45 000 libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e 160 manuscritos da historia recente de Galiza. miniatura|Placa. Pouco antes da súa morte fixo depositaria do seu legado á Editorial Galaxia, que asumiu o mantemento. Na creación da fundación participaron Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres, amais de empresarios coma Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela.
A primeira sede da biblioteca instalouse na rúa Policarpo Sanz de Vigo, para despois trasladarse á Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa.
Obtivo o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores á difusión do ámbito editorial e cultural no 2012.
En 2020 foi Premio da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Henrique (coord.) (2010). Fermín Penzol. Unha obra para un país Galaxia. ISBN 978-84-9865-312-0. Fermín Penzol in memoriam xulio-agosto-setembro 1981. Grial n.º 73. . Inclúe: "Penzol e a súa obra" por Ramón Lorenzo. "O meu Fermín, o noso Penzol, a "Penzol" de todos" por Xesús Alonso Montero. "Protagonistas do galeguismo no Arquivo da Fundación Penzol" por Olga Gallego e Pedro López Gómez. "Os fondos bibliográficos da Biblioteca Penzol". "Fundación, Fondos e Labor divulgativo" Fundación Penzol. Concello de Vigo.
Outros artigos Fermín Penzol Fundación Carlos Casares Ligazóns externas Fundación Penzol na páxina web do Concello de Vigo. Fundación Penzol na páxina web de Editorial Galaxia. O. de 4/3/1982 por la que se reconoce clasifica e inscribe como Fundación Cultural Privada la denominada «Fundación Penzol» «BOE» 77, de 31/3/1982, p. 8 458. MCU .
Categoría:Cultura en Vigo Penzol Categoría:Medalla de Ouro de Galicia