Antonio Ugalde García, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de maio de 1976, é un xogador do balonmán catalán. Xoga na posición de extremo esquerdo no BM Cangas da Liga ASOBAL. Foi 96 veces internacional da selección española de balonmán e con 150 goles. O seu debut nun campionato oficial coa selección absoluta foi con 21 anos e proclamouse subcampión no Campionato de Europa de Italia 1998, e bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, entre outros torneos. Mide 1.87 metros e ten un peso de 82 kg.

Equipos Balonmán Granollers (1994 - 2003). BM Cangas (2003 - 2005). BM Valladolid (2005 - 2007). Keymare Almeria (2007 - 2008). BM At Boadilla (2008 - 2009). BM Cangas (2009 - ).

Palmarés 2 veces campión da Copa EHF: 1994-1995, 1995-1996. 1 vez campión da Copa do Rei: 2005-2006.

Combinado español Medalla de prata no Campionato de Europa de Italia 1998. 4º posto en Campionato do Mundo de Exipto de 1999. Medalla de bronce no Campionato de Europa de Croacia 2000. Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000. Medalla de ouro no Campionato de Europa Xuvenil de Israel de 1994. Medalla de prata no Campionato do Mundo Júnior da Arxentina 1995. Medalla de prata no Campionato de Europa Júnior de Romanía 1996.

Galardóns individuais Mellor xogador júnior na Liga ASOBAL 96/97. Medalla de Prata concedida pola Real Orde do Mérito Deportivo do Consello Superior de Deportes 2007.

Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Ugalde na páxina do BM Valladolid . Antonio Ugalde na páxina da Federación Española de Balonmán . Balonmán Valladolid na páxina de ASOBAL .

Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de España Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Esplugues de Llobregat Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en balonmán