Jesús Soliño García, máis coñecido como Suso Soliño, nado en Cangas de Morrazo o 20 de xullo de 1975, é un ex xogador de balonmán galego. Xogaba na posición de extremo dereito e militou durante 28 tempadas no primeiro equipo do BM Cangas, 20 delas na Liga ASOBAL. É o único xogador que conseguiu tres ascensos a máxima categoría do balonmán español coa camisola do Balonmán Cangas. No Cangas coincidiu durante anos co seu irmán menor, Rubén Soliño.
Equipos BM Cangas (1992 - 2020)
Palmarés 3 ascensos a Divisor de honor, Liga ASOBAL. Convocado co combinado galego.
Véxase tamén Ligazóns externas Suso Soliño na páxina do BM Cangas
Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1975