thumb|dereita|Constelación Mensa. Mensa ou Mesa é unha constelación austral, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Mons Mensae; o nome fai referencia especificamente ó monte Table Mountain (equivalente literal a Mons Mensae en latín) en Suráfrica, dende onde Lacaille fixo importantes observacións do ceo austral. A constelación non conten estrelas brillantes, así Alpha Mensae a súa estrela máis brillante é apenas visible cunha magnitude 5.09, facendo dela a constelación menos visible no firmamento, pero conten parte da Gran Nube de Magallanes (o resto atópase na constelación de Dorado).

A constelación forma unha cuña en forma de chave no ceo e estendese dende aproximadamente 4 h ata 7,5 h en ascensión recta, e de 71 a 85,5 graos de declinación. Á parte da constelación sur polar de Octans, é a máis austral das constelacións. Debido a isto, é esencialmente inobservable dende o Hemisferio norte. Ademais das xa mencionadas, outras constelacións veciñas son: Chamaeleon, Hydrus e Volans.

A primeira imaxe tomada polo Observatorio de raios X Chandra foi de PKS 0637-752, un quásar en Mensa cunha gran cantidade de gas visible tanto no espectro visible coma no de raios X.

Historia Dado que foi ideada no século XVII, e que se atopa no hemisferio sur, non foi visible para os pobos do Mediterráneo ou culturas antigas, polo tanto non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Estrelas Estrelas con designación de Bayer: α Men 5,08; β Men 5,30; γ Men 5,18; δ Men 5,67; ε Men 5,54; ζ Men 5,61; θ Men 5,45; η Men 5,47; ι Men 6,04; κ Men 5,46; λ Men 6,54; μ Men 5,53; ν Men 5,78; ξ Men 5,84; π Men 5,65 Estrelas con designación de Flamsteed : 31 Men 6,18

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Mensa Star Tales – Mensa

Categoría:Constelacións