220px|miniatura|dereita|Vista parcial do interior do Auditorio principal. O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Instalacións O Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición.

Historia Os terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro.

O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía. En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera.Palacio da Ópera

Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Auditorios de Galicia Categoría:Teatros de ópera de Galicia Categoría:Teatros da Coruña Categoría:Orquestra Sinfónica de Galicia