Stefano Palmieri, nado en Serravalle o 18 de setembro de 1964, é un político de San Marino.

Traxectoria Palmieri é contable, está casado e é pai de dous fillos. Membro da Alianza Popular (Alleanza Popolare), Palmieri está no Gran e Xeral Consello dende 2006. Foi un dos fundadores do "Movimento Biancoazzurro" que se adheriu dentro da Alleanza Popolare en 2005. Foi Capitán Rexente de San Marino xunto con Francesco Mussoni no semestre entre o 1 de outubro de 2009 e o 1 de abril de 2010 e por segunda vez xunto con Matteo Ciacci entre o 1 de abril e o 1 de outubro de 2018.

Categoría:Capitáns Rexentes de San Marino Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en San Marino Categoría:Personalidades sen imaxes