A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.

Historia A Unión Europea de Radiodifusión, foi creada o 12 de febreiro de 1950 por 23 organizacións de radio-televisión de Europa e o Mediterráneo nunha conferencia que tivo lugar en Torquay (Devon, Inglaterra). No ano 1993, a Organización Internacional de Radio e Televisión (OIRT), unha organización equivalente dos países do centro e este de Europa, fusionouse coa UER.

Producións A UER é a encargada de organizar mediante a Eurovision Network o Festival da Canción de Eurovisión. Así mesmo o Eurovision Network organiza o Eurovision Dance Contest e o Junior Eurovision Song Contest. Os membros da UER tamén traballan xuntos para crear documentais e series animadas para nenos. Eventos retransmitidos A maior parte dos membros da UER teñen un acordo para retransmitir os Xogos Olímpicos e a FIFA World Cup (en particular, os partidos dos seus países e a final). Outro evento importante que é retransmitido por toda Europa e o Concerto de Aninovo de Viena.

Te Deum Antes da retransmisión dun evento por parte da UER, é retransmitido o Preludio do Te Deum de Marc-Antoine Charpentier. Esta peza é especialmente coñecida nos países nos que se retransmite o Festival de Eurovisión. (clic para escoitar).

Requisitos para acceder miniatura|400px|Membros da UER por época de ingreso. Os membros activos da UER son principalmente rádioas televisións públicas de Europa e da conca mediterránea, son moi poucas as televisións de titularidade privada as que son membros activos, entrando todas antes dos anos 90, que é cando a UER endureceu as normas de entrada para evitar que as novas televisións privadas que xurdían por toda Europa formasen parte de tan selecto club.

Hoxe en día, se un organismo quere entrar a formar parte da UER ten que cumprir as seguintes normas:

1º- Que o país onde emita sexa membro da ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións) e estea situado no Área de Radiodifusión Europea ou que sexa membro do Consello de Europa.

2º- Que a súa cobertura sexa nacional, que supere o 98% do territorio nacional e cunha calidade técnica excelente.

3º- A súa programación debe ser variada, incluíndo desde noticias, infantís, música, programas minoritarios, ata programas culturais, que non deben restrinxirse a horarios minoritarios. En canto á programación deportiva, debe superar as 200 horas anuais e deben incluír polo menos retransmisións de 12 deportes, das cales, polo menos 8 deportes a súa transmisión dure máis de 3 horas ao ano, e sempre en horario entre as 7 da mañá e a 1 da madrugada.

4º- Producen realmente e baixo o seu propio custo e control editorial unha proporción substancial da súa programación.

5º- Que non estean relacionadas ou teñan acordos con ningún outro organismo que compita coa UER polos dereitos de retransmisión de acontecementos deportivos.

Membros Membros Activos A UER inclúe 43 membros activos dentro de Europa, o norte de África e Oriente Próximo. País Organismo Siglas Ano Arbeitsgemeinschaft Rundfunkanstalten der Bundesrepublik Deutschland ARD 1952 Zweites Deutsches Fernsehen ZDF 1963 Entreprise nationale de télévision ENTV 1969 Entreprise nationale de Radiodiffusion sonore ENRS 1969 Télédiffusion d'Algérie 1969 Compañía de Radio e Televisión Pública de Armenia AM/PTV 2005 Österreichischer Rundfunk ORF 1953 İctimai Televiziya və Radio Yayımları Şirkəti ICTIMAI 2007 Bălgarsko Nationalno Radio, Bălgarska Nationalna Televizija BNT 1993 Egyptian Radio and Television Union ERTU 1950-1957, 1984 Radiotelevizija Slovenija RTVSLO 1993 Groupement des Radiodiffuseurs français :- France Télévisions- Radio France- Radio France internationale GRF 1950 Georgian Public Broadcaster GPB 2005 Magyar Rádió, Magyar Televízió HU/MTV 1993 Raidió Teilifís Éireann RTÉ 1950 Teilifís na Gaeilge TG4 2007 RAI-Radiotelevisione Italiana RAI 1950 Jordan Radio and Television Corporation JRTV 1969 Télé-Liban TL 1950 Libya Jamahiriya Broadcasting LJB 1974 CLT Multi Media CLT 1950 Etablissement de Radiodiffusion Socioculturelle ERSL 1996 Société nationale de radiodiffusion et de télévision SNRT 1950-1961, 1968 Groupement de Radiodiffusion monégasque :- RMC- Télé Monte-Carlo- Monte-Carlo Radiodiffusion 1950 British Broadcasting Corporation BBC 1950 United Kingdom Independent Broadcasting: ITV, Channel 4, S4C, Five UKIB 1959 Societatea Română de Radiodifuziune ROR 1993 Televiziunea Română TVR 1993 RossijskoeTeleradio RTR 1993 San Marino RTV SMRTV 1995 Établissement de la radiodiffusion-télévision tunisienne RTTT 1950 Türkiye Radyo Televizyon Kurumu TRT 1950 Natsionalna Telekompaniya Ukraïny NTU 1993 Natsionalna Radiokompanya Ukraïny NRU 1993 Radio Vaticano RV 1950

Membros Asociados Os membros asociados a UER son aqueles organismos audiovisuais de carácter nacional que teñen a súa actividade en países fóra da influencia europea. Os membros asociados non teñen acceso a rede de eurovisión nin as súas actividades e deben renovar o seu posto cada cinco anos.Listado oficial de miembros asociados de la UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php País Organismo Siglas Australian Broadcasting Corporation ABCSpecial Broadcasting Service SBS National Broadcasting Authority of Bangladesh NBAB Korean Broadcasting System KBS Instituto Cubano de Radio y Televisión ICRT Gambia Radio and Television Services GRTS Teleimedi TEME Rustavi 2 RB All India Radio AIR Islamic Republic of Iran Broadcasting IRIB Nippon Hoso Kyokai NHKTokyo Broadcasting System Inc. TBS Radio Television Malaysia RTM Télévision de Mauritanie MR/TVM Nepal Television Corporation NTVC Radio New Zealand RNZ Television New Zealand TVNZ Oman Directorate General of Radio and Television ODGRT Pakistan Television Corporation PK/PTV Organisme de la Radio-Télévision Arabe Syrienne ORTAS Zimbabwe Broadcasting Corporation ZBC

Membros Activos do Pasado Os organismos audiovisuais que no pasado foron membros activos, pero deixaron de selo son:

País Organismo Código Período Jugoslovenska Radiotelevizija JRT 1950 - 1992 España Antena 3 de Radio A3R 1986 - 1993 Libyan Jamahiriya Broadcasting Corporation LJBC 1974 - 2011 Ellinikí Radiofonía Tileórasi ERT 1950 - 2013

Participantes autorizados Participantes autorizados son aqueles organismos audiovisuais que por algún motivo non cumpren as normas para ser membro activo ou asociado, pero cuxa actividade pode resultar útil para a UER. Non teñen acceso ás redes de eurovisión e eurorradio, como tampouco ás asembleas xerais.Listado oficial de participantes autorizados da UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php

País Organismo Código TV5 Europe FRI/TV5 Euronews Euronews ARTE GEIE ARTE Antenna Hungária RT AH Duna Television Duna TV Russian TV and Radio Broadcasting Network RTRN

Posibles membros futuros País Organismo 2M TVÉ a segunda televisora privada máis importante do país, en 2007 pediu integrarse á UER. Qatar RadioEnviou unha solicitude para entrar como membro pleno da UER, coa esperanza de participar no Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto parece improbable debido a que o país atópase fóra da Área de Radiodifusión Europea.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial

Categoría:Unión Europea de Radiodifusión