thumb|Bandeira de San Marino nun barco en España. A Bandeira de San Marino (en italiano: Bandiera di San Marino) está composta por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor branco a superior e azul claro a inferior. A bandeira do Estado incorpora o Escudo Nacional no centro.
Deseño No brasón figuran tres torres (as Tres Torres de San Marino) sobre tres picos, rodeados por unha póla de loureiro e outra de aciñeira rematado cunha coroa pechada como símbolo da súa soberanía. Na parte inferior do escudo figura, nunha cinta branca, o lema nacional: LIBERTAS (do latín: liberdade). Tamén é frecuente que se omita o escudo en bandeiras civís.
Outras bandeiras
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de San Marino Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 2011